Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
 Asignaturas
  Sistemas Dixitais I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A4 A5 A25 A30 A33 B1 B2 B3 B7 C2 C6 Traballo de deseño dun sistema dixital de complexidade media. Avaliarase a correcta aplicación dos conceptos teóricos ao traballo realizado. Será necesario entregar unha memoria explicativa deste e facer unha exposición oral. 50
Proba obxectiva A26 A29 B1 Haberá 2 probas obxectivas a realizar individualmente por cada alumno.

A primeira realizarase unha vez explicados os 5 primeiros temas. Suporá un 25% da nota final.

A segunda proba será o examen final da 1ª oportunidade e poderá ter un peso do 25% ou do 90% para aqueles estudantes para os que a calificación con esta fórmula resulte ventaxosa en lugar de utilizar as calificacións anteriores.
50
 
Observacións avaliación

As
cualificacións das tarefas avaliables serán válidas só para o curso
académico no que se realicen.

As probas obxectivas poden incluir preguntas de resposta curta e/ou tipo test, resolución problemas en papel ou deseño de circuitos co software ISE.

Do traballo ao final do
cuadrimestre, será preciso expoñer os resultados e entregar unha memoria explicativa. Para
alcanzar a máxima nota os circuítos deseñados deben funcionar
perfectamente en todos os seus aspectos (simulación funcional e
temporal). Suporá un 50% da nota final.

Nota final

A nota final calcularase, en xeral, como:

Nota Final =0,25 x Nota proba obxectiva 1 + 0,5 x Nota traballo + 0,25 x Nota proba obxectiva 2

Aqueles estudantes que non tivesen calificación na 1ª proba obxectiva, ou ben, acadasen calificacións moi baixas poden optar a realizar a 2ª proba obxectiva cun peso do 90% (a proba será distinta neste caso). Neste suposto a nota final será:

Nota Final=0,9 x Nota proba obxectiva2 

Segunda oportunidade

Na
segunda oportunidade, realizaráse unha proba obxectiva que pode constar de cuestións teórico-prácticas sobre todo o temario,  exercicios escritos e  de implementación dun circuito nalgunha das placas do Laboratorio. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes