Consideracións xerais:
O alumno disporá de dúas
oportunidades oficiais para superar a materia (ver calendario en http://www.usc.es/gl/titulacions/masters_oficiais/neurosci/).
A cualificación de Non
Presentado aplicarase unicamente no caso de que o alumno non participase,
durante o curso, en ningunha actividade da materia.
Aspectos e criterios de avaliación:
1. Alumnado con dedicación completa
Na oportunidade de final de cuadrimestre teranse en conta, para o cómputo da
cualificación global, os distintos apartados recollidos no sistema de
avaliación: a) realización dunha proba mixta sobre os contidos da materia,
representando o 50% da cualificación final, b) a realización e
presentación do traballo suporá o 45% da cualificación final, e c) a
asistencia e participación activa nas clases suporá o 5% da cualificación
final.
Na segunda oportunidade poderase/n
recuperar a/s parte/s non superada/s, exame (proba mixta) e/ou traballo, representando cada
unha destas o 50% da cualificación final.
2. Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia
Tanto na oportunidade de final de cuadrimestre como na segunda oportunidade
teranse en conta, para o cómputo da cualificación global, a cualificación
obtida no exame (proba mixta) e a correspondente ao traballo, representando cada unha destas
o 50% da cualificación final.