Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado en Investigación Química e Química Industrial (plan 2016)
 Asignaturas
  Modelización Molecular
   Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Clasificación de métodos e características de superficies de enerxía potencial. Química computacional. Métodos de mecánica molecular. Métodos da química cuántica.
Enerxía molecular e enerxía electrónica. Modelo electrostático. Separación dos movementos
electrónico e nuclear. Hipersuperficie de enerxía potencial (PES).
Tema 2. Optimización de xeometrías, cálculo de frecuencias e propiedades termodinámicas. Mínimos sobre unha PES. Análise conformacional e técnicas de mostreo. Algoritmos para optimización de xeometrías. Cálculo de frecuencias de vibración. Propiedades termodinámicas.
Tema 3. Interaccións intermoleculares e efectos do disolvente. Interaccións intermoleculares. Erro de superposición de base. Efectos do disolvente. Modelos de polarización continua.
Tema 4. Introducción á dinámica molecular. Métodos para modelización molecular dependente do tempo. Particularizacións das ecuacións do movemento en dinámica molecular. Condicións periódicas e outros elementos dos estudos de dinámica molecular.
Práctica 1. Cálculos básicos sobre estructura molecular. Exemplos prácticos de cálculos básicos usando métodos de química computacional.
Práctica 2. Aplicacións en espectroscopía. Aplicacións da química computacional a problemas espectroscópicos.
Práctica 3. Cálculo de índices de reactividade. Estudo da reactividade química de sistemas modelo.
Práctica 4. Estudo de reaccións químicas. Estudo de reaccións químicas representativas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes