A cualificación do alumno, que non será inferior á proba mixta nin á obtida ponderándoa coa nota da avaliación continua, obterase como resultado de aplicar a fórmula seguinte:
Nota final= máximo(0.4 x N1 + 0.6 x N2)
Sendo N1 a nota numérica correspondente á suma da presentación oral e de seminarios (escala 0-10) e N2 a nota numérica da proba mixta (escala 0-10).
En todo caso, para aprobar a materia, será requisito imprescindible alcanzar unha nota final mínima de 5.0 (escala 0-10).
Os estudantes repetidores/as terán o mesmo réxime de asistencia ás clases que os que cursan a materia por primeira vez.
No caso de circunstancias moi excepcionais, obxetivables e
adecuadamente xustificadas, o profesor responsable podería eximir total ou
parcialmente ao alumno en que concorran do proceso de avaliación continua.
Devandito alumno habería de someterse a un exame particular que non deixará
dúbidas sobre o seu nivel de coñecementos e competencias.