O alumno que participe en polo menos dúas das actividades ou na proba mixta final
considerarase presentado na asignatura á hora da cualificación
final. O desglose anterior corresponderá á cualificación de xaneiro
(primeira oportunidade).
Excepcionalmente, os alumnos con dedicación a tempo parcial ou con dispensa académica de asistencia serán avaliados únicamente coa proba final que puntuará o 100% en ambalas dúas oportunidades.
A cualificación da segunda oportunidade realizarase únicamente cunha proba final que puntuará 10 sobre 10.
As
matrículas de honra asignaranse prioritariamente na cualificación da primeira oportunidade. Só poderase conceder na segunda
oportunidade se non se tivesen esgotado o número de matrículas na
primeira. En caso de máis candidatos a matrícula que as dispoñibles realizarase un exame adicional para decidir a asignación da mesma.
Datas de actividades programadas:
1ª actividade: por fixar
2ª actividade: por fixar
As probas finais realizaranse nas seguintes datas e horarios:
-Primeira oportunidade: Consultar datas aprobadas en Xunta de Facultade
-Segunda oportunidade: Consultar datas aprobadas en Xunta de Facultade