A cualificación será a suma das seguintes contribucións:
- Proba mixta, ata un máximo 7 puntos.
- Clases de "Solución de problemas" + "Obradoiros", ata un máximo de 3 puntos.
Para superar a materia será necesario acadar polo menos 5 puntos entre todas as contribucións anteriores, coa restrición de que na proba mixta é necesario obter un mínimo de 2.8 (sobre un máximo de 7). Se o alumno non alcanza esta nota mínima, a cualificación final será a obtida na proba mixta, é dicir, non se terá en conta a nota de clases de solución de problemas e talleres.
Dado que a cualificación baséase no modelo de avaliación continua, valorarase especificamente a progresión do alumno ao longo de todo o cuadrimestre cun máximo de 1 punto que se poderá sumar á cualificación final sempre que se teña superado o mínimo na proba mixta.
De acordo con esta metodoloxía de avaliación, considerarase que o alumno se presentou á avaliación se participou activamente en calquera das actividades de xeito que o grao de participación no seu conxunto supoña máis do 20% da cualificación da materia.
Dentro do mesmo contexto de "avaliación continua" e de acordo co contido do escrito "Probas de Avaliación e Actas de Cualificación de Grao e Mestrado", a chamada "segunda oportunidade de xullo" enténdese exclusivamente como unha segunda oportunidade de realización da proba mixta. Por tanto, na devandita oportunidade realizarase de novo a proba mixta e á cualificación obtida nesta sumaranse as obtidas durante o curso nas outras actividades (clases de solución de problemas e talleres). As porcentaxes serán as mesmas que na "primeira oportunidade". As matrículas de honra (M.H.) outorgaranse prioritariamente aos alumnos que aprobaran a materia na primeira oportunidade, e só se outorgarán na chamada "segunda oportunidade" se o número máximo daquelas non se cubriu na súa totalidade na primeira.
Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a cualificación obtida nas actividades asociadas ao sistema personalizado de titorías (entrega de boletíns, resultados obtidos nos test e nas titorías de avaliación...) configurarán ata un máximo de 3 puntos na cualificación final, o resto (ata un máximo de 7 puntos) corresponderá á nota obtida polo alumnado na proba mixta. A porcentaxe de dispensa asociado ás titorías de avaliación determinarase en función do número de talleres de resolución de problemas e obradoiros que deban ser avaliados mediante esta metodoloxía. Unha vez coñecido o seu número, este ponderarase sobre o total dos mesmos e prefixarase o número de titorías nas que ese alumnado deberá participar (cada dúas sesións de taller ou obradoiro serán avaliados mediante 1 titoría). No caso de que este alumnado non supere a materia na "primeira oportunidade", as cualificacións obtidas mediante este sistema de titorías reservaranse para a "segunda oportunidade", e sumaranse á nota obtida na proba obxectiva desa convocatoria para determinar a cualificación final acadada.
A metodoloxía docente e as actividades que a configuran están deseñadas de acordo cun proceso de avaliación continua programado para un único curso académico, polo que non se contempla a posibilidade de trasladar cualificacións parciais de actividades superadas a cursos sucesivos.