A
asistencia a todas as actividades avaliables é necesaria para superar a
materia. Para aprobar a materia será preciso obter na proba mixta, na proba
práctica e nas prácticas de laboratorio unha nota igual ou superior ao 4 e
conseguir, sumadas as cualificacións de todas as actividades avaliables, unha
nota mínima de 5 sobre 10. Por tanto, de non alcanzar a puntuación mínima
nalgunha das probas, a materia figurará como suspensa, aínda que a
cualificación media sexa igual ou maior que 5 (nese caso a puntuación asignada
será de 4,5).
Os
alumnos que non superasen a proba práctica deberán repetila na primeira
oportunidade. A cualificación será non presentado se participou en actividades
que sumen menos do50% da calificación total. No que respecta á segunda
oportunidade de avaliación, as cualificacións das probas da segunda
oportunidade substituirán ás obtidas nas probas da primeira oportunidade. A
cualificación dos obradoiros poderase conservar na segunda oportunidade ou, de
maneira alternativa, como parte final da proba mixta da segunda oportunidade, os
alumnos poderán realizar un exercicio avaliable, con actividades análogas ás
desenvolvidas nos obradoiros durante o curso. As cualificacións das prácticas
de laboratorio obtidas na primeira oportunidade conservaranse para a segunda
oportunidade de avaliación. A proba práctica deberá repetirse na segunda
oportunidade no caso de tela suspensa.
O
alumnado avaliado na segunda oportunidade só poderá optar á Matrícula de Honra
se o número máximo destas para o correspondente curso non se cubriu na súa totalidade
na primeira oportunidade. O proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a
avaliación, refírese a un curso académico completo, e por tanto volverá comezar
cun novo curso académico, incluídas todas as actividades e procedementos de
avaliación que se programen para devandito curso.
Para
o alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica
de exención de asistencia, ou de modalidades específicas de aprendizaxe e apoio
á diversidade, as prácticas son obligatorias e a súa realización facilitarase
dentro da flexibilidade que permitan os horarios de coordinación e os recursos
materiais e humanos. No caso de que o estudante non puidera realizar todas as
probas de avaliación continua, o profesor adoptará as medidas oportunas para
non prexudicar a súa cualificación.