Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias |
Grao en Bioloxía |
Asignaturas |
Química |
Metodoloxías |
|
|
|
Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Química | Código | 610G02001 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Haberá unha sesión inicial de presentación da materia, na que se exporán ao alumnado os contidos que se pretenden abordar, a metodoloxía docente en grupo grande e en grupos reducidos, e os criterios de avaliación. |
Sesión maxistral | Os contidos teóricos abordaranse nas sesións maxistrais mediante explicacións impartidas polo profesorado. O alumnado atopará en Moodle as presentacións, cos contidos básicos, e materiais adicionais de cada tema. |
Seminario | Nos seminarios abordarase a análise e a resolución dalgúns dos exercicios propostos nos boletins de cada tema. Co obxecto de aproveitar ao máximo estas sesións, é moi importante que os alumnos traballen os exercicios con anterioridade á súa resolución na aula. O alumnado terá a súa disposición os boletíns e as táboas de datos necesarias en Moodle. |
Prácticas de laboratorio | No laboratorio os alumnos realizarán 7 prácticas relacionadas cos contidos fundamentais da materia. Estas prácticas de laboratorio terán unha duración de 2 h cada unha. Os guións de cada unha das prácticas incluirán un traballo previo (lecturas recomendadas e/ou cuestións) que os alumnos deberán entregar por escrito, ao profesor encargado, ao comezo da correspondente sesión de laboratorio. Ao finalizar a sesión deberán entregar unha memoria individual da práctica na que se recolla o traballo realizado no laboratorio, as observacións feitas e os resultados obtidos, e por último, respostar a unhas cuestións coa fin de fixar os contidos abordados. |
Traballos tutelados | O obxectivo fundamental destas sesións é o seguimento da compresión da materia por parte do alumnado. Para iso prográmanse 4 sesións de titorías en grupos reducidos, de 2 horas cada unha. Os alumnos deberán preparar previamente cada titoría, estudando os contidos correspondentes e traballando un cuestionario que entregarán ao comezo de cada sesión. Nas titorías resolveranse en grupo as dúbidas que poideran xurdir no traballo previo e realizaranse uns exercicios que serán resoltos na mesma sesión. Estes exercicios tamén serán recollidos polo profesor, e formarán parte da avaliación da materia. |
Proba obxectiva | Farase un exame escrito co propósito de avaliar o grao de asimilación e a capacidade de aplicación dos contidos da materia por parte do alumnado. |
|