Para superar a materia será necesario obter unha cualificación global superior ou igual a 5 puntos (sobre 10), en calquera das dúas oportunidades (xaneiro e xullo). Non poderán superar a materia aqueles alumnos que teñan menos dun 4 (sobre 10) na proba obxectiva ou nas prácticas de laboratorio.
A realización das prácticas de laboratorio é obrigatoria para poder superar a asignatura. Os alumnos que obtiveran unha cualificación superior a 4 nas prácticas realizadas no curso 2014-15, non terán obriga de realizar novamente as prácticas e se lles gardará a cualificación obtida. Estes alumnos poden, se o desexan, realizalas prácticas e ser evaluados novamente. Tódolos demáis alumnos que non tiveran realizado as prácticas ou o fixeran en cursos anteriores ó 2014-15 terán que realizalas obrigatoriamente.
Na primeira e na seguna oportunidade, os alumnos que realizaran as prácticas e obtiveran menos dun 5, poderán realizar, ademáis da proba obxectiva, unha proba específica relacionada coas prácticas de laboratorio. A cualificación desta proba específica sustituirá á cualificación obtida nas prácticas á hora de facela cualificación global.
Os alumnos que non participaran nos traballos tutelados obterán unha cualificación de 0 neste apartado nas dúas oportunidades de xaneiro e xullo. Na segunda oportunidade de xullo, para facer a cualificación global, manteráse a cualificación obtida durante o curso neste apartado.
No caso de alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a cualificación dos traballos tutelados se sustituirá pola obtida nas titorías personalizas. No caso de circunstancias excepcionais, objetivables e adecuadamente xustificadas, o profesor responsable poderá eximir total ou parcialmente a algún membro do alumnado de realizar o proceso de avaliación continuada. O alumnado que se atope nesta circunstancia deberá superar un exame específico que non deixe dúbidas sobre a consecución dás competencias propias dá materia nas dúas oportunidades.
Outorgarase a cualificación de "non presentado" aos alumnos que participen en menos dun 25% das actividades académicas programadas (prácticas e traballos tutelados) e non se presenten á proba obxectiva.