Prácticas a través de TIC |
A7 A21 B2 B4 |
Realización de varios exercicios de xenética evolutiva cun ordenador persoal, empregando os programas informáticos utilizados nas prácticas. É imprescindible obter polo menos 15 puntos nesta proba para aprobar a materia.
Nesta actividade avaliarase a adquisición das competencias A7, A21, A24 e A27. |
25 |
Proba obxectiva |
A7 A12 A18 A21 A24 B1 B2 |
Conxunto de preguntas de distinto tipo (alternativa múltiple, resposta breve, completar, asociación, etc) relacionadas con calquera dos contidos do temario. Corresponde ao exame final da materia. É imprescindible obter polo menos 35 puntos nesta proba para aprobar a materia.
A proba desenvólvese en dúas fases. A primeira delas non é presencial, e consiste en unha serie de cuestionarios na plataforma Moodle, aos que se debe dar resposta en datas e horas prefixadas ao longo do curso. A contribución desta fase á proba é de un máximo de 25 puntos. A segunda fase é un exame presencial con preguntas test de alternativa múltiple, ao que pode levarse todo o material de apoio que se desexe, incluidos ordeadores persoais, pero na que non se permitirá o acceso a INTERNET. A contribución acumulada desta segunda fase xunto ca da primeira á nota final da materia é de un máximo de 65 puntos.
Nesta actividade avaliarase a adquisición das competencias A7, A12, A18, A21, A24 e A27. |
65 |