-As sesións maxistrais, aínda que poidan non ser consideradas con carácter obrigatorio por parte do profesor, son recomendábeis con vistas ao seguimento do programa teórico da materia. -Igualmente é esencial para os alumnos facer uso da Plataforma Virtual UCV para o desenvolvemento da materia. -Requírese saber redactar, sintetizar e presentar ordenadamente un traballo, sobre contidos teóricos e/ou prácticos. -Recoméndase contar con coñecementos a nivel de usuario de ferramentas informáticas básicas (navegación, procesador de textos, preparación de presentacións, etc.). -Recoméndase coñecemento de inglés cun nivel de comprensión de lectura medio. |