Estudo de casos |
A5 A6 A9 A10 A12 C1 C2 C6 |
Inclúen as prácticas con material cuantitativo e as lecturas. No primeiro caso, refírese ás análises de datos estatísticos desde unha perspectiva de longo prazo. Aínda que ao longo do curso realizaranse máis, 2 destes exercicios serán puntuables para a nota final. Cada un destes dous exercicios avaliables computará con 1,5 puntos na cualificación final do estudante. As datas destas probas facilitaranse ao estudante ao comezo do curso. |
30 |
Lecturas |
A7 A8 A9 B2 B1 |
Representan unha información complementaria ás clases maxistrais. En clase traballaranse as técnicas para extraer a información fundamental das lecturas e discutirase o seu contido en clase. O contido das lecturas servirá como materia complementaria á impartida nas clases maxistrais. Así mesmo, o contido das lecturas servirá tamén para elaborar os estudos de caso. En consecuencia, a súa avaliación vai incluída nos outros apartados |
0 |
Proba obxectiva |
A2 A4 A7 A8 A13 B2 B1 B3 B4 C1 C2 |
Consistirá na realización dun exame escrito sobre os contidos do programa. O exame representa o 70% da avaliación final do estudante. Pero para superar a materia o estudante haberá de obter unha cualificación mínima de 5 puntos na avaliación global (exame + estudo de casos). No exame valorarase a capacidade de expresión, o manexo e dominio do vocabulario específico, a capacidade analítica e sintética, e o coñecemento dos contidos do programa da materia. |
70 |
Sesión maxistral |
A2 A8 B1 B6 B7 B8 B9 C4 C5 C7 C8 |
Nestas sesións as profesoras impartirán as pautas crave da materia que os estudantes deberán coñecer e preparar con traballo persoal e coa axuda do resto de instrumentos que ofrece o curso |
0 |