Guía DocenteCurso Facultade de Economía e Empresa |
Grao en Administración e Dirección de Empresas |
Asignaturas |
Estatística I |
Metodoloxías |
|
|
|
Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Estatística I | Código | 611G02006 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Lección impartida polo profesor que pode ter diferentes formatos (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia...). O profesor pode contar co apoio de medios audiovisuais e informáticos. Ademais pode introducir algunhas preguntas dirixidas aos estudantes. O obxectivo é introducir ao alumno nos conceptos da materia, transmitíndose así a base do coñecemento que o alumnado necesita para comezar o seu traballo e iniciar a súa aprendizaxe. |
Obradoiro | Nestas clases o obxectivo principal será a realización de tarefas eminentemente prácticas, co apoio e supervisión do profesor: proposición e resolución de aplicacións da teoría, proposicións e supervisión de traballos dirixidos, problemas, exercicios, presentacións, exposicións, debates e comentarios de traballos, aclaracións de dúbidas sobre a teoría, etc. Con todo, tamén é posible que o profesor expoña algúns conceptos, exposición orientada principalmente a deixar clara a súa aplicación, ou en todo caso como simple comentario da sesión maxistral. |
Prácticas a través de TIC | Nestas clases o obxectivo principal será a realización de tarefas eminentemente prácticas, co apoio e a supervisión do profesor. Trabállase co apoio do computador e resérvanse para temas ou conceptos nos que a intensidade dos cálculos necesita da ferramenta informática. Ademais introducirase aos alumnos no traballo da estatística con medios informáticos. |
Proba mixta | Proba escrita utilizada para avaliar a aprendizaxe. Nesta proba pódense combinar diferentes formatos de preguntas como exercicios, cuestións, test, etc. O obxectivo final reside en que o alumno desenvolva a súa capacidade de razoamento e o profesor conte cun instrumento de avaliación dos coñecementos, destrezas, rendemento e habilidades do estudante. Realizaranse dúas probas mixtas: a primeira comprende os temas de Estatística Descritiva, Series temporais e Números Indices; a segunda corresponde aos temas de Cálculo de Probabilidades. |
Aprendizaxe colaborativa | Traballo conxunto do alumnado, organizado en grupos, da resolución de tarefas asignadas polo profesor para optimizar tanto a súa propia aprendizaxe como o dos restantes membros do grupo. Antes da entrega do traballo en grupo, dedicaranse varias clases a que os alumnos expoñan as súas dúbidas e/ou as dificultades coas que se atoparon na realización dos mesmos. Desta forma créase un debate entre os alumnos, os seus compañeiros e o profesor que fomenta a interrelación no traballo e o espírito crítico. |
Proba de ensaio | Proba na que se responde por escrito a preguntas de certa amplitude. Nesta proba pódese combinar a realización de exercicios dos distintos temas, con preguntas breves e/ou cuestiones tipo test. Permite medir os coñecementos que vai adquirindo o alumno e, desta maneira, analizar a súa evolución na materia. |
Seminario | Técnica de traballo en grupo. En cada grupo formaranse dous subgrupos de alumnos. Fixaranse tutorías cunha duración total de 4 horas por alumno repartidas en varias sesións. Poderanse utilizar para o desenvolvemento das prácticas a través de TIC, atender dúbidas sobre a solución de problemas ou sobre a preparación do exame. Avisarase en clase con suficiente antelación sobre o lugar e horas en que se van á celebrar. |
Proba oral | Proba na que se busca responder, de forma oral, a preguntas, valorando especialmente a capacidade de razoamento. Permite medir diferentes habilidades do estudante. Nesta proba pódese incluír tamén a realización e exposición de exercicios prácticos (tipo I e tipo II). A exposición será individual, pero a súa realización e evolución poderán combinar casos individuais e/ou casos en grupo. Exercicios tipo I: exercicios individuais que os alumnos realizarán durante as diferentes clases a proposta do profesor. Exercicios tipo II: exercicios en grupo baseados en boletíns proporcionados polos profesores; aínda que non teñen porqué ser idénticos, serán do mesmo estilo. Neste apartado avaliarase a participación do alumno na clase. Será criterio do profesor a elección do tipo de proba ou probas a realizar. |
|