Guía DocenteCurso Facultade de Economía e Empresa |
Grao en Administración e Dirección de Empresas |
Asignaturas |
Estatística I |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Estatística I | Código | 611G02006 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A4 A6 B7 | Co obxectivo de motivar ao traballo continuado e repartido do alumnado, o profesor realizará unha primeira proba mixta liberatoria (primeiro parcial) que comprende os temas de Estatística Descritiva, Series temporais e Números Indices (temas 1 a 4) e que suporá un 40% da cualificación. A segunda proba mixta (segundo parcial) corresponde aos temas de Cálculo de Probabilidades (temas 5 a 8), e realizarase na mesma data que o exame final; supón un 30% da cualificación total. |
70 |
Proba oral | A10 C5 C6 C7 C8 | Con esta proba se evalua a participación en clase por parte do alumnado. A/s modalidade/s de proba oral estableceranse segundo criterio do profesor. Pódese avaliar a asistencia, a resposta a determinadas preguntas formuladas polo profesor, a realización e exposición en clase de exercicios prácticos (xa sexan individuais e/ou en grupo) ou outro tipo de proba desenvolvida para ese efecto. | 10 |
Aprendizaxe colaborativa | A12 B10 C1 | Constitúe a realización do traballo en grupo. O traballo consiste na aprendizaxe do manexo dunha folla de cálculo para a aplicación das técnicas estatísticas desenvolvidas en clase. O traballo será avaliado na aula de informática. O profesor poderá considerar como parte do traballo a asistencia ás sesións formativas na aula de informática. O traballo será realizado e avaliado segundo criterio do profesor. |
10 |
Proba de ensaio | C1 C6 C7 | Desenvolverase na segunda parte da materia. Proba para responder por escrito a preguntas de certa amplitude. Pode incluír preguntas breves e/ou cuestiones tipo test. |
10 |
Observacións avaliación | |||
As probas e actividades de avaliación da materia realizaranse unicamente nas datas previstas, salvo causa excepcional, sometida a criterio do profesor.
Considerarase liberado o primeiro parcial a condición de que se obteña unha cualificación maior ou igual a 4 puntos. Se se libera o primeiro parcial, no exame final haberá que realizar unicamente o segundo parcial. Os alumnos que non obtivesen a nota mínima nas probas mixtas (parciais) e, con todo, o cómputo global da avaliación resultase ser superior a 5 puntos, non terán aprobada a materia e figurarán en actas cunha nota de 4,5. Aprobarase a materia cando se obteña cinco puntos ou máis no cómputo global da materia, alcanzando a nota mínima nos parciais. Os alumnos que liberen unha parte da materia mediante unha proba mixta (parcial), só terá validez para o curso actual. Se un alumno que ten liberada unha parte non consegue aprobar a materia no seu conxunto nas oportunidades de xuño (primeira oportunidade) ou de xullo (segunda oportunidade), a súa cualificación final será suspenso, e terá que repetir toda a materia nos seguintes cursos académicos.
Se houbese un alumno que queira presentarse á convocatoria adiantada de decembro, para superar esta materia aplicaránselle os mesmos criterios que na segunda oportunidade. Neste caso, é dun 70% no exame e 30% da puntuación obtida na avaliación continua. Con respecto á cualificación de non presentado e seguindo a normativa aprobada pola Xunta de Facultade, só serán cualificados con Non Presentados as persoas que unicamente se presentaron a actividades que en conxunto supoñan menos do 20% da nota final. Seguindo a normativa aprobada pola Xunta do Centro, está prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información. |
|