Cualificación de Non presentado: Otorogarase esta cualificación ao estudantado que só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación final, con independencia da cualificación obtida.
Condicións de realización dos exames: Durante a realización dos exames no se poderá ter acceso a ningún dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o armacenamento de información. Poderá ser denegada a entrada a sala de aula con este tipo de dispositivos.
Convocaroria adiantada de decembro: Realizarase un exame que valdrá dez puntos.
Para a segunda oportunidade, os alumnos que queiran renunciar á nota dos traballos tutelados e ás das probas de resposta múltiple, poderán facelo. Neste caso terán que comunicalo ao profesor do seu grupo antes do 1 de xuño.Os alumnos que elixan esta opción, terán un exame que valerá seis puntos coas mesmas preguntas que os alumnos que sigan a avaliación continua, máis outras preguntas que suplan ese 40 % da nota que correspondería á avaliación continua á que eles renunciaron.
Os alumnos que teñan recoñecida a dedicación a tempo parcial, seguirán o mesmo sistema de avaliación que os que están a tempo completo.
Plataforma virtual: Para seguir a materia será preciso utilizar a plataforma do departamento Moebius http://moebius.udc.es/
http://moebius.udc.es. Para isto a cada estudante facilitaráselle un nome de usuario e un contasianl persoal ao inicio do curso. A información precisa para acceder á plataforma virtual con estas credenciais está en:http://moebius.udc.es/
http://moebius.udc.es. Na devandita plataforma virtual estarán dispoñíbeis todos os materiais da materia: resumos dos temas, diapositivas das presentacións, exercicios, calificacións das probas de avaliación,etc. Ademais, o estudantado deberá empregar esta plataforma para descargar os boletíns de exercicios persoais que deberán resolver e entregar antes das datas previstas.