Para superar a materia, a cualificación mínima na proba mixta deberá ser de 4 (sobre 10). Tamén será requisito imprescindible ter realizadas as presentacións orais.
Só se aceptarán traballos, actividades etc., que se entreguen dentro dos prazos establecidos.
Os traballos, actividades e exames deben cumprir as esixencias de corrección lingüística propias destes textos (ortografía, puntuación, precisión léxica, rexistro formal, discurso coherente e cohesionado etc.).
O plaxio (é dicir, a utilización de textos ou ideas doutros autores sen indicar a fonte de procedencia), incluso parcial, ou calquera outra falta de honradez académica, dará lugar á descualificación automática da actividade.
Cualificarase como non presentado ao estudante que non realice o exame final oficial, independentemente do número de actividades entregadas.
Na segunda oportunidade poderanse recuperar todos os instrumentos de avaliación arriba descritos cos mesmos porcentaxes. As actividades dos obradoiros recuperaranse mediante tarefas equivalentes que se indicarán a través de Moodle. As probas orais realizaranse na data prevista oficialmente para o exame.
Na segunda edición de actas só se cualificará como non presentado a quen xa tivese esta cualificación na edición de actas de xaneiro e, ademais, non se presente ao exame oficial de xullo.
Os estudantes a tempo parcial con dispensa académica recoñecida realizarán actividades compensatorias dos obradoiros, previo acordo cos profesores. O resto dos métodos de avaliación realizaranse sen adaptación.
Os alumnos deben consultar semanalmente o Campus Virtual da UDC (Moodle); neste esparzo virtual obterán toda a información sobre a asignatura: documentos, avisos e calificacións.