OBSERVACIÓNS á AVALIACIÓN
Dado o carácter semi-presencial do título, aasistencia é obrigatoria, salvo dispensa solicitada en tempo e forma econcedida pola Comisión Académica Universitaria do título, e sempre respetando as normativas de asistencia a clase das tres universidades participantes no título, así como os sistemas de avaliación que figuran expresamente nas guías docentes das diferentes materias, e sen prexuízo das consecuencias que poida ter para a súa avaliación final a ausencia a determinadas sesións presenciais.
Quen teña concedida a dispensa académica, e como establece a Normativa de permanencia da universidade, será avaliado seguindo os criterios aplicables á oportunidade de xullo.
Quen non leve acabo o traballo tutelado, ou non teña realizado traballo igual ou superior ao50% do resto das categorías de avaliación, acadará a cualificación de NonPresentado.
Quen non aprobe na primeira oportunidade terá á posibilidade da oportunidade de xullo, na que cada estudante terá que demostrar ter acadadas as competencias da materia mediante dous tipos de avaliación: un traballo tutelado do mesmo valor porcentual e natureza que na primeira oportunidade, máis os exercicios convidos que poidan suplir o resto das actividades.
Oportunidade de xullo:
- Traballo escrito e individual de investigación (30%): entrega o día da proba marcada no calendario para exam segunda oportunidade.
- Presentación oral o día do examen do traballo tutelado de investigación (20%)
- Exercicios baseados nas lecturas recomendadas e temática tratada na materia (50%)