Traballos tutelados |
O alumnado realizará dous traballos tulelados breves.
O primeiro, individual, consistirá nunha investigación orixinal, rigorosa e de extensión limitada, ben das tensións que teñen lugar nos "media" entre o centro e as periferias do sistema literario, ben dos novos modelos repertoriais que se someten a sanción desde os medios de comunicación alternativos.
O segundo, realizado en pequenos grupos, consistirá na selección e comentario de exemplos significativos de literatura hipertextual ou da relación das culturas minorizadas do noso contorno coa internet.
O primeiro traballo incorporarase a un espazo de traballo colaborativo on-line onde poderá ser retro-alimentado polos compañeiros. O segundo exporase oralmente en sesión presencial.
Nas primeiras sesións serán determinadas tanto a data de comunicación do tema e ponderación co profesor e os compañeiros das estratexias de elaboración -no espazo de traballo colaborativo-, como a de incorporación a ese espazo virtual da versión definitiva. Tamén se combinará co alumnado as sesións presenciais destinadas á presentación oral do traballo grupal.
|
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Acompañarase, presencialmente ou através de ferramentas de comunicación asíncrona, eventos científicos e divulgativos relacionados cos contidos da materia. |
Presentación oral |
Destinaranse as sesións presenciais pertinentes á presentación oral dos traballos grupais tutelados, destinando uns minutos ás preguntas e retroalimentación dos mesmos por parte dos outros grupos. |