Lecturas |
Lectura por conta do estudante de material específico relativo á cultura clásica e á súa pervivencia seguindo as instrucións proporcionadas polo profesor. O alumno terá que explicar na aula, en exposición pública, algún aspecto do texto ou do tema que lle fose asignado previamente polo profesor. |
Análise de fontes documentais |
Exercicios de lectura, comprensión, análise e comentario lingüístico e de contido de textos latinos, poñéndoos en relación, cando sexa oportuno, coas linguas modernas, así como coa cultura e a civilización actuales. A aprendizaxe da lingua e da cultura clásicas serán simultáneas, explicándose esta última tamén a través da lectura e comentario dos textos latinos. |
Proba obxectiva |
Unha vez rematado o período de clases, os estudantes farán un exercicio sobre as cuestións desenvolvidas na totalidade do temario. A proba terá fundamentalmente carácter práctico e estará orientada a comprobar o grado de coñecemento e de dominio da materia polo alumno.
|