Análise de fontes documentais |
A1 A2 A11 B5 B7 C3 |
As diversas actividades de análise e comentario de textos faranse en sesións presenciais de carácter práctico. Para obter a puntuación deste apartado o alumno non poderá acumular mais dun trinta por cento de faltas de asistencia a clase, que serán controladas mediante sinatura diaria. A nota deste apartado obterase pola participación activa na aula así como por eventuales controles periódicos de contidos. |
40 |
As actividades presentadas por escrito, incluidas as probas finais, deben cumprir cos oportunos estándares de corrección lingüística, estar redactadas de maneira clara e carecer de faltas de ortografía. O non cumprimento destas condicións será tido en conta negativamente na puntuación da proba respectiva. Os estudantes que non aprobasen a materia na oportunidade de xuño poderán repetir en xullo o exercicio de lecturas e a proba obxectiva coas mesmas condicións e porcentaxes ca na oportunidade de xuño. Para o corenta por cento restante da nota -é decir, para a parte de 'análise de fontes documentais'- disporán dun apartado específico relacionado coa materia explicada na aula. Para esta parte o profesor propoñerá preferentemente exercicios prácticos do mesmo tipo e de similar dificultade ca os realizados na actividade docente diaria. Os exercicios de análise sintáctica, no seu caso, deben consistir nunha explicación razonada, e ben redactada, por parte do alumno. Non estará permitido o emprego de abreviaturas nin de suliñados debaixo do texto latino analizado. O mesmo principio é válido para aqueles casos en que sexa necesario efectuar a traducción dun texto latino ó galego ou ó castelán.
De non realizar a proba obxectiva prevista o estudante será cualificado como Non Presentado.
|