IMPORTANTE: Para superar a materia, a suma das distintas probas, project e demáis actividades avaliables deberá ser 5 sobre 10, tendo en conta que a cualificación mínima das probas obxectivas de Use of English e das probas que avalían as catro destrezas deberá ser de 4 puntos sobre 10. Os alumnos que acaden máis dun 5 nas probas prácticas de Use of English feitas ao longo do cuadrimestre estarán exentos do exame de Use of English na proba obxectiva de xuño.
Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final de traballos e actividades se estes son entregados fóra de prazo sen causa xustificada. Os alumnos/as que non se presenten o día das probas obxectivas de xuño ou xullo acadarán a cualificación de NP, se non entregaron máis do 50% de actividades durante o curso.
A participación dinámica nas diferentes tarefas da clase, así como todo o material de "extra-credit" que o alumnado realice ao longo do cuatrimestre, podrá supoñer ata un 5% extra na nota final. Isto inclúe traballos voluntarios, lecturas alternativas ou calquera outra actividade proposta polo profesorado, ou proposta polo alumnado e aceptada polo profesorado.
OPORTUNIDADE DE XULLO: As/Os estudantes que non superen a materia en xuño ou aqueles que teñan menos dun 4 nalguna das partes –aínda que a notal total sexa superio a 5– deberán ir á oportunidade de xullo, na que o alumnado terá que desmostrar ter alcanzado as competencias da materia mediante a superación de probas nas distintas destrezas coa seguinte distribución de porcentaxes: comprensión auditiva (15%), redaccións sustitutorias das feitas na aula (15%), comprensión lectora (15%), entrevista oral (10%), project (10%), e proba mixta (35%).
DISPENSA ACADÉMICA: O alumnado matriculado a tempo parcial que teña concedida a dispensa académica será avaliado en calquera das duas oportunidades, tal e como establece a normativa da UDC, seguindo os mesmos criterios que a oportunidade de xullo.
CONVOCATORIA ADIANTADA DE DECEMBRO: Se aplicarán as normas de avaliación da oportunidade de xullo.
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE: A ADI é unha oficina especializada na atención ós membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación maioritaria. O alumnado que desexe máis información pode falar coa profesora Ana Veleiro, ir a http://www.udc.es/cufie/uadi/, ou poñerse directamente en contacto coa ADI no teléfono 981 16 70 00, ext 5622 oun na dirección de correo electrónico adi@udc.es.