Obradoiro |
A1 A3 A5 A10 A11 A15 A16 A17 B4 B5 B6 B7 C3 C6 |
Baixo a guía da profesora, búscase que os estudantes, en colaboración ou individualmente, apliquen os coñecementos vistos nas sesións maxistrais, reflexionen sobre aspectos concretos (por escrito ou oralmente), elaboren textos (sínteses, esquemas, pequenos comentarios...). Agunha(s) desas activdiades será(n) tida(s) en conta na avaliación; nalgún caso, poden precisar non só da participación do alumno no obradoiro, senón dun tempo suplementario para elaborar materiais (tempo contemplado nas horas non presenciais).
|
10 |
Só se aceptarán as actividades e probas de ensaio realizadas e entregadas na data prevista, en soporte de papel e seguindo as normas que se precisarán en cada caso. Non se poderá aprobar a materia sen ter unha cualificación mínima de 4 sobre 10 na proba mixta e en cada unha das probas de ensaio; o estudante recibirá a cualificación "Non Presentado" cando non se presente á proba mixta.
Na segunda oportunidade (xullo), aplicarase o mesmo sistema de avaliación; no exame, que se celebrará na data oficial fixada pola Facultade, complementariamente o alumno dará conta tamén, nese mesmo momento, das dúas probas de ensaio e das actividades se as ten pendentes. Dase por suposta a asistencia ás aulas; aquel estudante que conte con dispensa de asistencia recoñecida debe poñerse en contacto coa profesora ao inicio do curso para establecer
o mecanismo de seguimiento da súa aprendizaxe.
A expresión do estudante nas distintas probas, exercicios e actividades levadas a cabo debe ser a que corresponde ao terceiro curso do Grao de español (non só se tomará en consideración, por tanto, a corrección ortográfica e gramatical). No caso de que a expresión dos
exercicios e traballos realizados fora da aula non garde relación coa das probas e exercicios que o estudante realiza en clase baixo o control da profesora, para avaliar a expresión tomaranse como referencia os escritos que aquel elaborou sen axuda externa.
|