Para superar a materia, a cualificación mínima da proba mixta deberá ser de 4 puntos sobre 10.
Cualificarase como non presentado a quen non se presente ao exame final oficial, independentemente do número de actividades entregadas.
Na segunda edición de actas (mes de xullo) poderanse recuperar todos os instrumentos de avaliación arriba descritos coas mesmas porcentaxes que na primeira edición. Só cualificarase como non presentado a quen xa tivese esta cualificación na edición de actas de xaneiro e, ademais, non se presente ao exame oficial de xullo.
Os traballos ou actividades enviaranse a través de Moodle, salvo que o profesor indique outra cousa. O estudante comprométese a gardar unha copia de cada traballo, en previsión de problemas na recepción.
Os traballos, actividades e exames deben cumprir as esixencias de corrección lingüística propias destes textos (ortografía, puntuación, precisión léxica, rexistro formal, discurso coherente e cohesionado, etc.). Penalizarase a nota dos escritos que non se axusten a esta norma.
O plaxio (é dicir, a utilización de textos ou ideas doutros autores sen indicar a fonte de procedencia), mesmo parcial, ou calquera outra falta de honradez académica, dará lugar á descualificación automática da actividade.
Alumnos con dispensa académica recoñecida: aplicaráselles o mesmo
sistema de avaliación (con maior flexibilidade nas datas, que se
acordarán entre profesor e alumno).
Alumnos erasmus e estranxeiros: Recoméndase un nivel equivalente a B1
como mínimo para matricularse na materia. Ao final de curso, esixirase
para superar a materia un nivel equivalente a B2.