Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Asignaturas |
Estruturas e Variedades do Latín |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Estruturas e Variedades do Latín | Código | 613G01034 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Aprendizaxe colaborativa | Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. |
Sesión maxistral | Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |
Lecturas | Lectura dos manuais, artigos e monografías que se indiquen para cada tema, así como dos materiais que se poñan a disposición do alumnos a través da plataforma de teleformación. |
Análise de fontes documentais | Análise de textos relativos aos contidos da asignatura que se comentarán especialmente nas sesións maxistrais e de aprendizaxe colaborativa. Os textos indicaranse ao longo do curso. |
Traballos tutelados | Dous traballos individuais onde o alumno terá que demostrar a asimilación de conceptos, manexo da bibliografía e/ou aplicación dunha metodoloxía concreta. |
Proba mixta | Proba que integra preguntas de tipo teórico e exercicios de tipo práctico sobre os contidos do programa. |
|