Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Asignaturas |
Literatura Latina |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Literatura Latina | Código | 613G01045 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Análise de fontes documentais | Os diversos exercicios de análise e comentario de textos faranse en sesións presenciais de carácter práctico e con dinámica de grupo. Valorarase a asistencia e a participación activa de cada estudante no desenvolvemento dos mesmos. |
Proba obxectiva | Proba escrita individual en forma de test, que se efectuará a final de curso a propósito dos diversos contidos desenvolvidos tanto nas sesións maxistrais como nas sesións de carácter práctico. Valorarase sobre todo a capacidade de relacionar e organizar conceptos, resolver problemas e exercer un xuízo crítico. |
Traballos tutelados | O estudante elaborará un traballo de curso individual coa orientación e a asistencia do profesor. Este traballo será exposto e discutido publicamente na aula. Valorarase sobre todo o rigor da análise e a capacidade de síntese, mais tamén a orixinalidade dos enfoques, así como a corrección da expresión escrita e a eficacia da exposición oral. A presentación deste traballo ten carácter obrigatorio para poder efectuar a proba obxectiva e superar a materia. |
Lecturas | O estudante fará por contra propia as lecturas obrigatrorias que se lle propoñan e dará conta destas a través de comentarios orais nas sesións prácticas, no propio traballo tutelado ou na resolución da proba obxectiva. |
Sesión maxistral | Sesións expositivas de carácter oral por parte do profesor sobre os diferentes contidos do temario. O profesor completará estas exposicións con guións, resumos e indicacións bibliográficas publicados a través da plataforma Moddle |
|