Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Subjects
  Análise Lingüística de Textos Españois
   Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Exposición oral do profesor coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Workbook Conxunto de documentos bibliográficos escollidos ben como introducción xeral a un tema, ben como instrumento de aplicación á análise lingüística dos textos propostos do español. Farase unha análise das lecturas en discusión dirixida.
Mind mapping Técnica de traballo individual que consiste en establecer relacións entre os conceptos clave duns contidos. É a representación de relacións entre conceptos, polo tanto, está constituído por conceptos e palabras de enlace formando frases. Preséntase nun orden que depende das relaciones e que vai do máis importante e xeral aos exemplos e detalles.
Se o alumno o prefire, poderá realizar un esquema, en vez do mapa conceptual.
Workshop Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías (exposicións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc). Grazas a esta metodoloxía, o alumnado, individualmente ou en grupo, desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesor durante as aulas.

Problem solving Análise e comentario sincrónicos de textos españois, a partir dos coñecementos adquiridos. Farase tanto individualmente como por grupos, e tanto en horas presenciais como non presenciais, segundo indique a docente.
Oral presentation O alumno fará unha ou dúas presentacións orais, baseadas nas lecturas realizadas e/ou na análise e comentario sincrónicos dun texto español. Axustarase o número das presentacións orais en función dos alumnos matriculados e da marcha do curso.
Practical test: Proba escrita na que se busca que o alumno analice e comente sincrónicamente un texto español, polo tanto, que poña en práctica os conceptos e procedimentos adquiridos. Os textos que se ofrecerán serán semellantes en nivel de dificultade aos das prácticas realizadas ao longo do curso.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes