Oral presentation |
A15 B2 B4 B5 B6 B8 C1 C3 C6 |
Presentarase na aula o resultado do traballo realizado, explicando o proceso de realización e os aspectos relevantes. A idoneidade, coherencia e valor académico do traballo proposto serán tidos en conta na súa cualificación |
40 |
Mixed objective/subjective test |
A3 A15 B1 B2 B3 B4 |
O día señalado no calendario oficial da facultade, os alumnos realizarán un examen no que demostrarán os coñecementos teórico-prácticos adquiridos |
50 |
Na aula especificarase os pormenores da realización do traballo. A presentación oral dese traballo (duración e ferramentas empregadas) axustarase ao número de alumnos na materia.Na primeira oportunidade realizarase unha proba mixta ou exame teórico (a finais do cuadrimestre correspondente), cuxa cualificación se sumará á do traballo práctico. Na segunda oportunidade, a proba mixta será máis extensa e constará dunha parte teórica e outra práctica. A nota obtida na proba de xullo será a definitiva. En calquera das oportunidades da convocatoria única, o alumno deberá obter unha nota mínima de 5 para aprobar a asignatura, tal e como establece a normativa da Facultade de Filoloxía. Os traballos nos que o alumno plaxie serán penalizados cun 0,00. As probas escritas e os traballos deben realizarse con corrección lingüística: o docente baixará a nota por erros de acentuación, ortografía, puntuación ou concordancia sintáctica. Ou por redundancias excesivas, falta de precisión ou pobreza léxica, uso de abreviaturas ou utilización dun rexistro non formal. Na primeira oportunidade de avaliación, será considerado NP o alumno que non se presente á chamada "proba mixta" ou exame relativo á parte teórica da materia. Os alumnos pendentes só desta materia para graduarse e que se presenten á convocatoria adiantada (en decembro) deberán axustarse ás normas que rexen para a 2º oportunidade (a de xullo). Repetidores ou alumnos con exención de asistencia, por razóns laborais ou doutra índole, deberán poñerse en contacto co docente ao inicio do curso -e non máis tarde- para a organización da súa docencia.
|