Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Asignaturas |
Lingua Galega 1 |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Lingua Galega 1 | Código | 613G02002 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | As sesións maxistrais consistirán en aulas fundamentalmente expositivas á volta dos contidos básicos da materia, unhas aulas en que se utilizarán diversos textos de carácter teórico-práctico seleccionados especificamente para facilitar a análise e a comprensión dos contidos. Alén disto, nestas sesións coordinaranse actividades individuais ou grupais, resolveranse as dúbidas a respecto dos contidos propostos e achegarase bibliografía específica para cada tema. |
Lecturas | O estudantado deberá realizar, fóra da aula, lecturas puntuais obrigatorias para poder levar a cabo certas actividades propostas (exercicios, debates, comentarios etc.) e atinxir unha boa calidade lingüística. |
Obradoiro | Nas sesións de grupo intermedio e reducido, co apoio do profesorado da materia, realizaranse diversas ACTIVIDADES PRÁCTICAS sobre temas concretos do temario para asentar os coñecementos adquiridos nas aulas maxistrais. A combinación de diferentes modalidades formativas de carácter práctico (exercicios estruturais, estudos de casos e solucións de problemas, análises e correccións de documentos orais e escritos, redaccións, debates, traballo en grupo etc.) permitirá ao alumnado desenvolver eficazmente tarefas relacionadas cos contidos da materia. |
Solución de problemas | Como complemento das actividades presenciais, o profesorado solicitará unha serie de ACTIVIDADES PRÁCTICAS que os/as estudantes deberán realizar en horas non presenciais e entregar nas datas marcadas. |
Presentación oral | Nas últimas semanas do cuadrimestre, o alumnado terá que desenvolver en grupo unha proba oral a partir das actividades orais realizadas nos obradoiros. |
Proba mixta | Realizarase unha PROBA ESCRITA final en que se deberán mostrar os coñecementos e as competencias adquiridas. |
|