Teaching GuideTerm Faculty of Philology |
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Subjects |
Literatura Galega |
Assessment |
|
|
Identifying Data | 2016/17 | |||||||||||||
Subject | Literatura Galega | Code | 613G02012 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | Yearly |
Second | Obligatoria | 9 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies / Results | Description | Qualification |
Events academic / information | A11 A14 B3 B5 B7 B8 C6 | Valorarase a participación nestes eventos a través da realización de fichas que se entregarán ao profesorado. | 10 |
Mixed objective/subjective test | A1 A2 A7 A9 A11 A14 A15 B3 B5 B6 B7 B10 C6 | Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes, preguntas tipo test... A través da proba mixta, avaliarase o seguimento das sesións maxistrais, a realización das lecturas etc. Esta proba será única mais realizarase en dúas partes: a primeira no mes de febreiro, en data que se acordará nas aulas; a segunda, no mes de maio na data fixada oficialmente pola Facultade. |
40 |
Document analysis | A1 A9 A11 A15 | Lectura e, no seu caso, análise e comentario na aula dos textos indicados polo profesorado e colocados na plataforma moodle. Haberá que entregar unha actividade escrita relacionada con estas lecturas. |
15 |
Seminar | A11 A14 A15 B1 B3 B4 B7 B10 | Nas sesións en forma de seminario, cada estudante deberá realizar unha presentación oral de acordo coas instrucións do profesorado. Valorarase tamén a participación efectiva de cada estudante no conxunto destas sesións. | 10 |
Supervised projects | A7 A9 A11 A14 A15 B1 B3 B5 B6 B7 B8 C6 | Valorarase o traballo realizado segundo as indicacións e o acompañamento do profesorado, e a súa presentación oral na aula. | 25 |
Assessment comments | |||
Para superar a materia, tanto na primeira como na segunda oportunidade, a cualificación mínima da proba escrita deberá ser de 4 puntos sobre 10. Tendo en conta esta condición, a cualificación final da materia responderá á aplicación das porcentaxes recollidas no cadro anterior. Caso da suma das cualificacións do conxunto superar o 5 mais sen obter o mínimo de 4 na proba escrita, farase constar como cualificación final 4,9. 1. OPORTUNIDADE DE XULLO Deberánse presentar/realizar as actividades avaliábeis non superadas ou non presentadas anteriormente. O alumnado que acadase a cualificación de aprobado na ponderación das actividades mais non obtivese un 4 na proba mixta, só deberá realizar a proba mixta. 2. NON PRESENTADO Será considerado NON PRESENTADO/A o alumno quen non se presente a ningunha das partes da proba escrita. 3. DISPENSA ACADÉMICA Quen teña dispensa académica terá condicións especiais de avaliación: 1. Proba mixta (50%). 2. Análise de fontes (15 %). 3. Traballo titorizado (25 %), que incluirá a presentación oral. 4. Presentación oral (10 % da avaliación). Para fixar as condicións e, no seu caso, as datas de entrega/realización de actividades o alumnado deberá pórse en contacto coa profesora Teresa López (t.lopez@udc.gal) antes do día 30 de setembro. 4. ALUMNADO REPETIDOR O alumnado repetidor que non poida asistir ás aulas deberá comunicalo a través dun correo electrónico a t.lopez@udc.gal antes do día 15 de setembro. Neste caso, o seu sistema de avaliación será similar ao do alumnado con dispensa académica. 5. ALUMNADO CON INCOMPATIBILIDADE HORARIA POR RAZÓNS LABORAIS O alumnado que tiver horario laboral incompatíbel co seguimento da materia mais que non cumpra as condicións para obter a dispensa académica deberá comunicalo a través dun correo electrónico a t.lopez@udc.gal antes do día 15 de febreiro. Unha vez realizadas as oportunas comprobacións, poderá ter as condicións de avaliación recollidas no punto 3. 6. CONVOCATORIA ADIANTADA DE DECEMBRO Consistirá na realización dunha proba escrita (50% da cualificación) e dunha proba oral (50% da cualificación) que versará sobre as lecturas propias da materia. |
|