Teaching GuideTerm Faculty of Philology |
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Subjects |
Lingua Galega 2 |
Methodologies |
|
|
Identifying Data | 2016/17 | |||||||||||||
Subject | Lingua Galega 2 | Code | 613G02014 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 1st four-month period |
Second | Obligatoria | 6 | ||||||||||
|
Methodologies | Description |
Mixed objective/subjective test | Instrumento de avaliación dos contidos focados nas "Sesións maxistrais". |
Supervised projects | Actividade integrada no desenvolvemento dos "Seminarios" destinada a fomentar a aprendizaxe autónoma e colaborativa entre o alumnado. |
Guest lecture / keynote speech | Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedemantais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia. A avaliación será feita a través dunha "Proba mixta" en que se avaliará a competencia e o desempeño atinxidos en relación a aqueles contidos teóricos expostos polo profesorado durante esas sesións na sala de aulas. Esta proba estará focada para a realización de actividades teórico-prácticas e para análises específicas de textos escritos ou de calquera outro material utilizado ao longo das sesións presenciais. |
Oral presentation | O "Traballo tutelado" será acompañado e presentado oralmente nos "Seminarios" necesarios para o efecto. Será realizada tamén outra presentación oral relativa aos contidos tratados na epígrafe 4 dos "Contidos" desta Guía Docente. A calidade da lingua utilizada, os recursos e as estratexias expositivas empregados, así como a clareza e disposición dos contidos vehiculados, constitúen os principais elementos a ter en conta polo alumnado neste tipo de actividades. |
Critical bibliographical | Esta metodoloxía deriva da "Lectura" contemplada na estrutura dos "Seminarios" realizados ao longo do cuadrimestre. Igual que o resto de materiais, será dispoñibilizada unha listaxe de lecturas para o conxunto da aula a través da plataforma Moodle. |
Seminar | Ao longo dos "Seminarios" (grupos reducidos) será realizado o acompañamento dos labores propios da materia. Serán atendidas especificamente as seguintes cuestións: 1. Un TRABALLO TUTELADO, elaborado empregando metodoloxías con base na "aprendizaxe colaborativa", do cal se deriva tamén a correspondente "Presentación oral". Este traballo consiste nunha actividade en grupo reducido, na cal deberá ser realizado un estudo cualitativo dun discurso en lingua galega de acordo cos parámetros e cos modelos fornecidos polo profesorado nas aulas. O procedemento para a realización deste traballo consiste en: -Selección dun discurso público (oral, en formato audiovisual) para analizar, de acordo cos parámetros teóricos fornecidos polo/a docente. -Elaboración dun roteiro específico e dunha memoria da actividade. -Acompañamento periódico por parte do/a docente dos labores relacionados coa actividade, quer nas aulas quer no atendemento personalizado. -Preparación de materiais para a presentación de resultados. -Exposición na sala de aulas. -Dispoñibilización para o conxunto do alumnado en Moodle. 2. Unha LECTURA, seleccionada dunha listaxe fornecida polo profesorado, e a súa correspondente RECENSIÓN BIBLIOGRÁFICA individual, que terá que ser realizada de acordo cos modelos e cos parámetros proporcionados polo/a docente e que despois deberá ser dispoñibilizada para o conxunto do grupo a través do Moodle. 3. Cada alumno/a terá que presentar oralmente ao conxunto da turma os procesos e os resultados do "Traballo tutelado" realizado. Durante esa presentación oral, o alumnado deberá empregar os recursos tecnolóxicos precisos para o efecto e demostrar a asunción e a aplicación práctica dos contidos, das destrezas e das competencias abordados durante o curso. |
Workbook | Tarefa integrada nos traballos propios dos "Seminarios". |
Workshop | Durante as sesións aquí identificadas como "Obradoiros" (grupos medios), o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas "Sesións maxistrais", así como das destrezas e das estratexias relacionadas coa expresión oral e escrita que fan parte dos obxectivos da materia. Entre estas actividades contémplanse, alén doutras, a análise de fontes documentais, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC, probas de varia tipoloxía e, sobre todo, estudos de caso. |
Events academic / information | Asistencia e participación a eventos relacionados coa materia que se realicen na propia Facultade ou noutros lugares accesíbeis para o alumnado. |
Case study | Esta metodoloxía intégrase no desenvolvemento tanto dos "Seminarios" como dos "Obradoiros". |
|