Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Asignaturas |
Literatura Galega e Estudos Socioculturais |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Literatura Galega e Estudos Socioculturais | Código | 613G02032 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Análise de fontes documentais | A1 A2 A3 A11 A14 A23 A27 A28 B1 B5 C4 | O alumnado terá que analizar en clase textos (teóricos o literarios) ou outro tipo de materiais (filmes, hipertextos, etc). Isto implicará un traballo previo que requerirá un esforzo na actividade non presencial. | 15 |
Traballos tutelados | A2 A4 A10 A14 A15 A17 B2 B3 B9 C1 C6 C8 | Ao longo do curso, e sempre baixo a guía e supervisión da docente, o alumnado terá que elaborar varios exercicios escritos a partir das lecturas obrigatorias e dos contidos desenvolvidos na aula. O traballo final obrigatorio consistirá na elaboración dun comentario persoal e orixinal sobre un aspecto relacionado cun punto do programa. Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, e a clareza expositiva e expresiva. Este traballo deberá ser entregado na semana seguinte ao remate das aulas. |
50 |
Discusión dirixida | A2 A4 A10 A11 A15 B4 B7 B8 B10 C1 C4 | Avaliarase a participación activa nas sesións prácticas dedicadas á posta en común de cuestión e problemas previamente plantexados pola profesora. Para poder participar axeitadamente, será imprescindíbel ter realizado as lecturas previas definidas para cada sesión. |
10 |
Eventos científicos e/ou divulgativos | A11 A14 B3 B5 B7 B8 C6 | Valorarase a participación nestes eventos a través da realización de fichas resumo e/ou comentarios que se entregarán á profesora. | 5 |
Proba mixta | A1 A2 A7 A11 A14 A15 B3 B5 B6 B7 B10 C6 | Proba escrita en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos e que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes e de control de lecturas. . |
20 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos no conxunto de actividades que compoñen a avaliación. SEGUNDA OPORTUNIDADE (XULLO) Aquel alumnado que non superase a materia con anterioridade, terá que presentar os exercicios escritos que non fosen avaliados positivamente e o traballo tutelado(no caso de o ter reprobado en xuño). A data limite de entrega será a marcada para o exame do mes de xullo. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL OU CON DISPENSA ACADÉMICA O alumnado que estea matriculado a tempo parcial ou que conte con dispensa académica terá condicións especiais de avaliación: 1. Traballos tutelados: 40%, que incluirá a presentación oral. 2. Proba mixta: 40% 3. Análise de fontes documentais: 20% (presentación dun comentario escrito e doutro oral) Para fixar as datas das presentacións orais o alumnado deberá poñerse en contacto coa profesora (carme@udc.gal) nas dúas primeiras semanas do curso. AVALIACIÓN DA OPORTUNIDADE ADIANTADA DE DECEMBRO Nesta oportunidade adiantada cada alumno/a será avaliado/a mediante unha "Proba mixta", que suporá o 50 % da cualificación final e que terá lugar na data oficial marcada pola Facultade de Filoloxía, e un traballo tutelado puntuábel nun 50%. NON PRESENTADO/A Considerarase como NON PRESENTADO/A o/a alumno/a que non entregue o traballo final obrigatorio ou non realice a proba escrita. ALUMNADO REPETIDOR O alumnado repetidor que non poida asistir ás aulas deberá comunicalo a través dun correo electrónico á profesora (carme@udc.gal) nas dúas primeiras semanas do curso. Neste caso, o seu sistema de avaliación será similar ao do alumnado con dispensa académica. |
|