Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Asignaturas |
Narrativa e Ensaio en Lingua Galega e Portuguesa |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Narrativa e Ensaio en Lingua Galega e Portuguesa | Código | 613G02046 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Recensión bilbiográfica | A11 A15 B5 | Será avaliada a recensión de un dos libros de leitura obrigatoria. Nesta recensión bibliográfica será avaliada a capacidade do alumnado para a lectura analítica e crítica, a corrección lingüística, a clareza expositiva (coherencia e cohesión), a capacidade de síntese, a hierarquización de contidos e a adecuación de forma e fondo. |
5 |
Obradoiro | A1 A2 A8 A14 A18 A20 B1 B3 B4 B7 B8 B10 C2 C4 | Avaliación das actividades de diferente tipoloxía referidas na metodoloxía. Será avaliada a participación e o traballo en equipo, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesor para cada actividade destas características. | 20 |
Lecturas | A2 A4 A7 A8 A10 A11 A15 A18 A19 A20 B1 B6 B9 | O control das lecturas dos libros de leitura obrigatoria non recensionados polo estudante será realizado en sesións específicas na sala de aulas. O control das leituras breves realizadas será realizado nas sesións correspondentes aos obradoiros. En ambos os casos será avaliada a capacidade de compreensión e síntese estruturada das principais ideas contidas nos materiais obxecto da leitura, en relación cos conteúdos focados e as competencias previstas na materia. |
5 |
Traballos tutelados | A2 A3 A11 A14 A17 A18 A19 A20 A23 A27 A28 B5 | Texto(s) orai(s) e/ou escrito(s) en que o alumnado, seguindo un roteiro fornecido polo profesor, analizará algunha(s) da(s) obra(s) de lectura obrigatoria, avaliándose a súa precisión e o seu axeitamento aos contidos e ás competencias previamente formulados. | 15 |
Proba mixta | A1 A2 A3 A4 A7 A8 A10 A11 A14 A15 A17 A18 A19 A20 A23 A27 A28 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C2 C4 | Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais, avaliando tanto a precisión expresiva e conteudística, canto o axeitamento do disertado, do comentado ou do analizado ás competencias a adquirir e aos obxectivos a atinxir, previamente formulados para cada unha das tres modalidades polo profesor. | 40 |
Presentación oral | A11 A15 B7 C2 | Son obxecto de avaliación a apresentación oral do traballo tutelado e da leitura analítica do texto breve seleccionado de acordo co profesorado da materia. Para alén da utilidade das apresentacións para os propósitos da materia, será avaliada a calidade lingüística, o dominio do contido, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión nas exposicións, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel, a utilización dos recursos tecnolóxicos e, cando for o caso, o traballo en equipo. |
15 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Así mesmo, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliables/instrumentos de avaliación. O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado. O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o alumno/a non asistir á proba mixta e/ou cando tiver entregado un número das actividades contempladas inferior ao 50% |
|