Guest lecture / keynote speech |
A1 A2 A3 B3 B5 C1 C4 |
A participación do estudante na aula da sesión maxistral será tida en conta na avaliación do curso |
5 |
Workshop |
A1 A2 A7 A11 A14 B3 C5 C6 |
Na aula de prácticas se avaliará o proceso de traballo individual e en equipo |
10 |
Critical bibliographical |
A1 A2 A7 B7 C1 |
Avaliación da resposta do alumno no referente ao seguimento da orientación exposta na aula pola profesora ou profesor,para a realización de recensións, fichas ou comentarios de lecturas |
15 |
Na 1º oportunidade da convocatoria única (ao final do cuadrimestre correspondente), realizarase unha proba mixta, cuxa nota se unirá á obtida nos traballos prácticos realizados durante o curso. O calendario para a realización dos traballos prácticos será comunicado ao inicio do curso. Os alumnos que non superen entón a materia e pasen á 2º oportunidade da convocatoria única, realizarán en xullo un exame máis extenso, que constará dunha parte teórica e outra práctica. A cualificación do exame será a nota obtida finalmente na materia. En calquera das convocatorias, o alumno deberá obter unha nota mínima de 5 para aprobar a asignatura, tal e como establece a normativa da Facultade de Filoloxía. Os traballos nos que o alumno plaxie serán penalizados cun 0,00. As probas escritas e os traballos deben realizarse con corrección lingüística: o docente baixará a nota por erros de acentuación, ortografía, puntuación ou concordancia sintáctica. Ou por redundancias excesivas, falta de precisión ou pobreza léxica, uso de abreviaturas ou utilización dun rexistro non formal. Na primeira oportunidade de avaliación, será considerado NP o alumno que non se presente á chamada "proba mixta" ou exame relativo á parte teórica da materia. Os alumnos pendentes só desta materia para graduarse e que se presenten á convocatoria adiantada (en decembro) deberán axustarse ás normas que rexen para a 2º oportunidade (a de xullo). Repetidores ou alumnos con exención de asistencia, por razóns laborais ou doutra índole, deberán poñerse en contacto co docente ao inicio do curso -e non máis tarde- para a organización da súa docencia.
|