Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A6 A7 A9 A10 A11 A15 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C2 C4 C7 |
Traballos escritos de dificultade diversa, feitos na clase, nos que o alumnado debe demostrar, principalmente, a súa capacidade de interpretación literaria e análise textual, así como de redacción argumentativa en inglés. |
30 |
Discusión dirixida |
A2 A6 A7 A9 A11 A15 B4 B5 B7 B8 B10 C2 C4 C7 |
A asistencia colaborativa ás clases contará ata un 5%. Adicionalmente, o profesorado valorará o compromiso diario de cada estudante coa súa aprendizaxe ata un 15%. Para esto, terase en conta a contribución activa e o rendimento de cada estudante nos exercicios individuais e/ou en grupo, orais e/ou escritos, e a atención prestada ás explicacións por parte do profesorado e do resto do alumnado. |
20 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A6 A7 A9 A11 A15 B3 B4 B7 B10 |
Haberá un exame final no que o alumnado deberá demostrar que domina os contidos teóricos presentados nas clases de D.E. (grupo grande) e as destrezas prácticas traballadas en todas as clases, especialmente nos grupos de D.I. (grupos medianos) e de T.G.R. (grupos pequenos). O exame terá dúas partes (con igual peso na nota global da proba): I) preguntas breves (definicións de termos críticos, de periodos, identificación de fragmentos dos textos estudados, etc); II) redacción ben estructurada dunha análise e/ou interpretación dun texto (da lista de lecturas) segundo as directrices estudadas ao longo do cuatrimestre.
Non se pode aprobar a materia ser obter un mínimo de 4 sobre 10 neste exame (nunca menos dun 1,75 sobre 5 en cada unha das dúas partes). Se non se chega a estes mínimos nesta proba, non se lle sumará á nota do exame ningunha outra nota obtida no resto de apartados avaliables. |
50 |
- Obterase unha calificación de "non presentado" por
non acudir ao exame e/ou por ter completado traballo de curso que represente
unha porcentaxe inferior ao 50%. - A oportunidade de avaliación en xullo constará de dous
apartados:
1) unha proba escrita ou exame final (co mesmo deseño e
aplicándose idénticos criterios que na primeira oportunidade) que avaliará o
dominio dos contidos impartidos durante o ano e que computará o 50% da nota; 2) a(s) actividade(s) escritas que se especifique(n) no caso
de cada estudante, que se deberá(n) entregar, como moi tarde, ao comezo do exame
final, e que contará(n) o outro 50% da nota. Por exemplo, o alumnado que deba
recuperar este segundo apartado ao completo deberá entregar un traballo
individual e persoal de interpretación literaria e análise textual de 5-6 páxs.
sobre o tema que se especificar no seu momento.
- O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida
unha dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a
principio de curso e avaliarase do mesmo xeito que o especificado para a
oportunidade de xullo. - O alumnado que se presenta á convocatoria adiantada de
decembro avaliarase segundo as normas especificadas para a oportunidade de
xullo. - O plaxio en calquera actividade significará a cualificación
de "cero" nesta actividade. - Todos os traballos e actividades deberán ser entregados en
tempo e forma para así evitar unha penalización do 25% sobre a nota obtida nos
mesmos.
|