Para superar a materia, a suma das
distintas probas, traballos e demáis actividades avaliables terá que superar o
5 sobre 10. Para realizar a suma dos distintos aspectos avaliables, o/a
estudante deberá acadar alomenos 4 sobre 10 en cada un dos tres apartados de
avaliación. So as/os estudantes que tiveran realizado alomenos un 50% da
avaliación continua poderán presentarse ás probas finais de xuño; as/os demáis
terán que realizar esas probas en xullo. A participación
dinámica nas diferentes tarefas da clase, así como toda actividade adicional de
"extra-credit" que o alumnado realice ao longo do cuatrimestre,
poderá supoñer ata un 5% extra na nota
final. Isto inclúe traballos voluntarios, lecturas alternativas ou calquera
outra actividade proposta polo profesorado ou polo alumnado e aceptada por ambos.
ESTUDANTES CON DISPENSA: Aquelas/es
estudiantes que estean matriculados a tempo parcial, e teñan concedida unha
dispensa académica, como establece a Normativa de permanencia desta
universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos
criterios que para a segunda oportunidade (xullo).
CUALIFICACIÓN DE "NON PRESENTADO": Aquel(a) estudante que non se presente á proba final e/ou non teña
realizado traballo igual ou superior ao 50% do resto das categorías de avaliación
acadará a cualificación de NP.
AVALIACIÓN DE XULLO: Os/as estudantes que non teñan acadado un 4 sobre 10 en cada un dos tres apartados de avaliación, aínda que a nota media sexa superior a 5, terán que ir á oportunidade de xullo, na que cada estudante terá que demostrar ter acadadas as competencias da materia mediante a superación das seguintes probas: 40% da proba mixta (semellante ao exame final de xuño), 50% de proba de ensaio, e mais 10% de actividades dirixidas (exercicios escritos).
Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.
Atención á diversidade: Existe unha oficina (ADI) na universidade que se especializa en "atender os membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación maioritaria". O alumnado que o desexe pode falar coa profesora Ana Veleiro (Facultade de Filoloxía) para acadar máis información ou poñerse directamente en contacto coa ADI na dirección de e-mail adi@udc.es.