Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Créditos de libre elección |
Filosofía e Literatura |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Filosofía e Literatura | Código | 613G03030 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Seminario | A1 A2 A9 A10 A11 A14 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 C3 C4 C6 C7 C8 | A avaliación do traballo realizado polo alumno nas sesións de seminario realizarase atendendo tanto á cualificación dos dous comentarios como á participación do alumno no traballo colectivo da aula. Cada comentario poderá obter unha cualificación máxima de 1 pto.; en canto á participación individual do alumno nas sesións de seminario poderá ser calificada ata un máximo de 1 pto. | 30 |
Recensión bilbiográfica | A1 A2 A9 A10 A11 A14 A15 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C3 C4 C6 C7 C8 | As características do traballo individual xa foron establecidas no apartado de Metodoloxías. Na avaliación do mesmo terase en conta a orixinalidade e pertinencia do enfoque (o texto literario elexido haberá de ser axeitado para unha lectura filosófica), o desenvolvemento argumentativo, a claridade e rigor da expresión, así coma a xustificación argumentada da valoración persoal. | 20 |
Proba mixta | A1 A2 A9 A10 A11 A14 B3 B5 B6 B7 C1 C4 | Constará de tres apartados: a) Cuestión sobre o libro de lectura obrigatoria, acompañada dun fragmento do mesmo. Cualificación máxima.- 1.5 ptos. (Propoñerase ós alumnos a posibilidade de adiantar a realización da proba lo libro de lectura, realizándoa durante o periodo lectivo.) b) Comentario dun fragmento extraído dos textos de lectura. Cualificación máxima. 1.75 ptos. c) Resposta a unha cuestión teórica dos contidos desenvolvidos na materia. Cualificación máxima.- 1.75 ptos. |
50 |
Sesión maxistral | A1 A2 A10 A11 A14 A15 B1 B4 B5 B7 B8 B10 C1 C3 C4 C6 C7 C8 | A cualificación da actividade académica desenvolvida nas sexións maxistrais está incorporada na da proba mixta, pois nesta o alumno haberá de demostrar a súa asimilación dos contidos abordados tanto nas sesións maxistrais como nos seminarios. | 0 |
Observacións avaliación | |||
A cualificación máxima da Proba Mixta, que representa o 50 % da cualificación total da materia, será de 5 ptos. Para superar a materia, a puntuación obtida na proba mixta non poderá ser inferior a 4 ptos. (sobre 10 ou, o que ven ser o mesmo, a 2 ptos. sobre os 5 que representan a cualificación máxima que pode obterse neste apartado da avaliación). O 50 % restante distribúese do seguinte xeito: un 20 % (cualificación máxima: 2 ptos.) corresponde á "Recensión bibliográfica", é dicir, ó traballo individual realizado polo alumno; un 20 % (cualificación máxima: 2 ptos.) corresponde ós dous comentarios que, sobre fragmentos traballados nos bloques 2º e 3º, o alumno haberá de elaborar (cada un deles recibirá, polo tanto, unha cualificación máxima de 1 pto.); un 10 % (cualificación máxima: 1 pto.) valorará a asistencia e participación do alumno durante as sesións presenciais. Considerarase non presentado o alumno que non realice a Proba Mixta e, asemade, teña entregado menos do 50 % das actividades do curso. Se o alumno non supera a materia na primeira oportunidad, terá que demostrar na segunda (Xullo) que foi quen de acadar a puntuación mínima (a metade da máxima) en aquelas partes da avaliación onde non o tivese logrado. Respecto ás restantes, manteñen a súa vixencia as cualificacións parciais obtidas na primeira oportunidade; cunha salvedade: o punto que, respecto á participación nos seminarios, se contempla na cualifiación será transferido ós apartados de "Recensión bibliográfica" (0.5 ptos.) e "Seminario" (0.5 ptos.). O alumnado matriculado a tempo parcial e que tivese obtido unha dispensa académica deberá poñerse en contacto co profesor da materia, ó comenzo do curso, con vistas a planificar os axustes pertinentes, tida en conta a situación particular do alumno, na súa cualificación. En calqueira caso, o alumno deberá realizar a Proba Mixta, a Recensión bibliográfica e os comentarios. En canto ó punto que, respecto á participación nos seminarios, se contempla na avaliación será transferido ós apartados de "Recensión bibliográfica" (0.5 ptos.) e "Seminario" (0.5 ptos.). |
|