A materia ofrece formación teórica e práctica na descrición e no uso da lingua francesa, de maneira a garantir un dominio práctico da mesma. Nela se revisarán, consolidarán e ampliarán os principais aspectos fonéticos, gramaticais, léxicos e funcionais da lingua francesa, exercitados a través da práctica harmónica das 4 principais destrezas comunicativas (comprensión lectora e oral, produción escrita e oral).
Insistirase especialmente na capacidade de facerse entender de forma comprensible nunha variedade de situacións cada vez máis ampla.
Unha vez cubertos os contidos da materia, o alumnado deberá ter prácticamente consolidadas as competencias da segunda etapa do nivel B1 segundo o especificado no Marco común europeo de referencia para as linguas do Consello de Europa.
Estimularase a autonomía do alumnado e a súa capacidade de ser responsable no proceso de ensino-aprendizaxe.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías