Workbook |
Lectura e estudo obrigatorio de materiais específicos (artigos ou capítulos de libros) disponibilizado polo profesor. As lecturas deberán facerse, como será indicado, antes da sesión na cal se tratarán os seus conteúdos. Os conteúdos das lecturas entrarán nas sesións expositivas e, sobre todo, nas interactivas, onde o estudantado deberá de mostrar o traballo feito sobre elas e buscar aclaración dos aspectos dubidosos ou non comprendidos. Na base dalgunha das leituras deberá realizarse un informe detallado avaliábel, segundo un formato indicado polo profesor (guión, resumo, pontos destacábeis, etc.). |
Mixed objective/subjective test |
Proba teórico-prática sobre todo o material do curso, incluindo lecturas, sesións expositivas e interactivas, materiais audiovisuais utilizados, debates xerais, posíbeis presentacións, etc. |
Supervised projects |
Por "traballos tutelados" enténdese aqui diversas actividades avaliábeis, algunha(s) das cais poden requerir a guía do profesor. Estas actividades realizaránse fundamentalmente fora das horas presenciais, mais non se exclue que se poda dedicar tempo das sesións interactivas para traballar nelas, individual ou colectivamente. |