Traballos tutelados |
A2 A6 A7 A9 A11 A16 B1 B2 B10 |
Pediránse aos alumnos dous traballos en inglés que non sobrepasen as cinco páxinas, sobre as lecturas realizadas o a experiencia práctica nas clases. Pode que os traballos se fagan na propia clase. |
30 |
Na avaliación de xullo os estudantes presentarán un ensaio sobre os estudos teóricos e/ou os textos (50%) e pasarán un exame (50%). Na avaliación de xuño, os estudantes que non asistan a calquera dos dous exames durante o curso terán a cualificación de "non Presentado", sempre que non o fixeron polo menos o 50% do traballo de avaliación, tamén durante o curso.
IMPORTANTE: os estudantes a tempo parcial ou cun permiso especial deben contactar obrigatoriamente co profesor ao comezo do curso co fin de planificar cada situación individual e os cambios necesarios para compensar as porcentaxes resultantes do traballo do seminario e a participación, a lectura e os traballos supervisados.
Os ensaios, traballos ou actividades, incluíndo os que se realicen durante o curso en clase e fóra dela, nos que se comprobe e justifique a existencia de plaxio (copia), de fontes calquera, total ou parcial, serán cualificados invariablemente coa cualificación de 0.0 puntos, como sinala a normativa respecto diso. Quen teña concedida a dispensa académica,
e como establece a Normativa de permanencia da universidade, será
avaliado seguindo os criterios aplicables á oportunidade de xullo. Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.
|