Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Asignaturas |
Idioma Moderno: Portugués |
Metodoloxías |
Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Idioma Moderno: Portugués | Código | 613G03051 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Discusión dirixida | Entendemos por “discusión dirixida” aquela actividade desenvolvida polo alumnado en grupos pequenos en que se porá en práctica a expresión e a comprensión orais en lingua portuguesa. Debateranse diversos temas baixo a supervisión do/da docente. Nestas sesións prestarase unha especial atención á participación activa do estudantado. |
Lecturas | Considérase “lectura” calquera tipo de material (textos de manuais, xornais, revistas, foros de internet etc.) que o/a alumno/a terá que coñecer para a realización de certas actividades de maneira presencial ou non presencial. |
Obradoiro | Os obradoiros son aulas centradas no desenvolvemento de prácticas de comprensión lectora e de produción escrita (resolución de exercicios, corrección e elaboración de textos). |
Prácticas a través de TIC | O/a alumno/a deberá facer uso das novas tecnoloxías para preparar actividades propostas nas aulas. |
Proba obxectiva | A proba escrita permite avaliar coñecementos, capacidades, habilidades etc. en destrezas como a comprensión e a produción escritas. Pode combinar preguntas de resposta múltipla, de resposta breve, de ordenación, de asociación, de discriminación… |
Presentación oral | Neste tipo de proba avalíase a competencia comunicativa do/da estudante mediante unha pequena entrevista ou conversa co/coa profesor/a, en que tal vez deba improvisar determinadas situacións. Na proba oral poderán empregarse textos, deseños ou materiais audiovisuais como apoio. |
Resumo | Realizaranse con frecuencia sínteses dos principais contidos fixados no programa, a fin de facilitar a súa comprensión. |
Sesión maxistral | As sesións maxistrais consistirán en exposicións orais de carácter fundamentalmente teórico á volta dos contidos básicos da materia. Nestas aulas utilizaranse diversos textos seleccionados especificamente para a análise e a comprensión dos contidos; resolveranse as dúbidas a respecto dos temas propostos e facilitarase bibliografía específica. Nestas sesións guiarase o alumnado no proceso de aprendizaxe e mostraranse recursos que faciliten o desenvolvemento do traballo autónomo. |
Traballos tutelados | Baixo a coordinación do/da docente, os/as alumnos/as levarán a cabo diversas actividades (corrección e/ou elaboración de textos), ben de maneira individual ben organizados en pequenos grupos, a fin de partillaren información, coñecementos e habilidades. |
|