Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Idioma Moderno 3: Portugués
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A15 B5 B6 B7 C2 Os traballos individuais e grupais (tanto presenciais como non presenciais) encomendados polo profesorado ao longo do curso suporán un 20% da nota final.
Valorarase especialmente a aprendizaxe colaborativa.
20
Discusión dirixida A8 B4 B7 B8 C2 C4 As intervencións orais do/da estudante durante as discusións dirixidas (conversa) corresponderanse cun 10% da nota final. 10
Presentación oral A8 B4 C2 Cada estudante terá que realizar unha proba oral, orientada á demostración da súa competencia 20
Proba obxectiva A8 A10 A15 B3 B5 B6 B7 C2 Ao final do cuadrimestre, o estudantado deberá realizar unha proba obxectiva de comprensión oral e escrita e de produción escrita (exercicios, elaboración de textos breves), en que se avaliarán os coñecementos adquiridos tanto nas sesións maxistrais como nos grupos intermedios e pequenos. 50
 
Observacións avaliación

Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final de actividades e traballos se estes foren entregados fóra de prazo sen causa xustificada.

Os/as estudantes que non superaren a materia ou que non cumpriren co 50% das actividades obrigatorias exixidas ao longo do cuadrimestre deberán realizar na convocatoria de xullo unha proba de carácter oral e escrito.

O alumnado que se presente á convocatoria de decembro será avaliado da seguinte maneira: proba obxectiva (50 %), presentación oral (20%) e traballos tutelados (30 %).

Considerarase non presentado na materia quen non realizar a proba escrita e/ou quen non cumprir coas catro actividades obrigatorias propostas polo docente.

O estudantado a tempo parcial e con dispensa académica entregará as actividades
obrigatorias nunha data concertada previamente co/coa profesor/a.

Para superar a materia, a cualificación mínima da
proba obxectiva deberá ser de 4 puntos sobre 10.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes