Guía DocenteCurso Facultade de Informática |
Mestrado Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde |
Asignaturas |
Introdución á programación |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Introdución á programación | Código | 614522001 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Prácticas de laboratorio | Desenvolvemento de prácticas no laboratorio. Esta actividade supoñerá o estudo de casos prácticos e exemplos ademais da realización de distintos exercicios de programación de entrega obrigatoria. A proposta de actividades estará dispoñible ao alumno con suficiente antelación. O labor do profesor será a supervisión das sesións, solucionando dúbidas e corrixindo erros de interpretación, malos hábitos de programación, erros de sintaxes, etc. |
Solución de problemas | Co fin de afianzar os conceptos teóricos presentaranse supostos prácticos, que nun principio serán resoltos polo profesor para que orienten os alumnos. A medida que se avance no desenvolvemento teórico formularase a resolución de problemas por parte dos alumnos, constituídos en grupos de traballo. Dita actividade, así como a discusión e participación activa en clase, valoraranse na nota final. Poderanse formular exercicios adicionais que o alumno deberá resolver e comentar/corrixir co profesor durante as horas de titorías, colectivas e/ou individuais. |
Proba mixta | Avaliación sumativa do alumno mediante un exame escrito cunha parte teórica con distintos tipos de preguntas e unha parte práctica para resolver pequenos problemas de programación. A proba tratará de medir se o alumno adquiriu os conceptos fundamentais de programación e adestrouse o suficiente como para posuír as habilidades precisas para resolver supostos prácticos. |
Sesión maxistral | Actividade presencial para expoñer conceptos fundamentais da materia. Consistirá na exposición oral do profesor apoiada con medios multimedia. Durante a presentación tratarase de interactuar co alumno formulando preguntas dirixidas co fin de afianzar conceptos e facilitar a aprendizaxe. |
|