Prácticas a través de TIC |
A7 A10 A11 A24 A37 A38 A47 A48 A53 A55 B1 B3 C2 C3 C6 C8 |
[Módulo I] As prácticas TIC dos temas 1 a 4 (módulo I) serán avaliadas mediante unha proba escrita, nunha data anterior ao exame común da primeira oportunidade. Terán un peso dun punto sobre 10 na nota final da materia. A data que inicialmente se propón para a proba é o venres 28 de outubro de 2016 durante as horas de clase de teoría.
[Módulo II] As prácticas del módulo II, de carácter obrigatorio, sumarán un punto sobre 10 e serán avaliadas antes do exame teórico, mediante a defensa do traballo realizado diante do profesor de prácticas. |
20 |
A nota de cada módulo é o resultado da suma das notas obtidas nos exames de teoría e práctica (non existindo un mínimo para cada un dos apartados) e debe ser en ambos módulos igual ou superior a 2.5 puntos sobre 5.0 para poder superar a materia. En caso de non aprobar algún dos dous módulos, a nota máxima que será reflexada nas actas é dun 4.0. Tanto na primeira oportunidade como na segunda (xullo), o alumno poderá examinarse de calquera dos módulos (ou dos dous). Se o alumno, na primeira oportunidade, non obtén unha cualificación igual ou superior a 2.5 sobre 5.0 puntos nalgún dos módulos, será necesario que volva a examinarse (teoría, prácticas ou ambalas dúas) na segunda oportunidade (xullo). Os estudantes con matrícula a tempo parcial non require presencialidade e a avaliación dos contidos teóricos pode realizarse cunha única asistencia para realizar a proba obxectiva na data indicada no calendario de exames.
|