Ao principio do cuadrimestre os alumnos
deberán optar por unha de dúas vías: ou ben a avaliación continua ou ben a
avaliación a través do exame na convocatoria oficial. Os que opten por esta
última vía só terán que presentarse a un exame teórico e práctico na data
oficial. Os alumnos que opten pola vía da avaliación continua non poderán
presentarse ao exame da data oficial na oportunidade de xuño, aínda que si á
oportunidade extraordinaria de xullo. Entenderase que optaron pola avaliación
non continua todos aqueles alumnos que non comunicasen ao profesor por correo
electrónico a súa opción pola avaliación continua antes do 15 de febreiro de
2017.
A avaliación do esforzo dos alumnos que opten
pola avaliación continua basearase nun sistema de puntos que terán que ir
acumulando ao longo do cuadrimestre. O número máximo de puntos que os alumnos
poden obter será 100 na avaliación continua e 80 na avaliación non continua. A
súa cualificación final dependerá directamente do número de puntos que
acumulen.
Para os alumnos na avaliación continua,
haberá catro actividades que lles contará para acumular puntos: unha exposición
en grupo, as prácticas en clase, un traballo en grupo e varios exames sobre o
contido teórico da materia. O número máximo de puntos en cada unha desas
actividades será de: 45 puntos nos exames, 20 no traballo en grupo e as prácticas e 15 puntos nas exposicións.
Nalgunhas das clases o profesor pasará unha
folla de firmas dos alumnos para controlar a asistencia destes ás mesmas.
Os alumnos na avaliación continua, superarán
satisfactoriamente a materia cando cumpran todas e cada unha das seguintes tres
condiciones: (1) asistir a, polo menos, o 75% das clases nas que se controlou a
asistencia; (2) acumular 50 ou máis puntos e (3) obter en cada unha das probas,
polo menos, un terzo dos puntos en xogo (5 na exposición, 7 no traballo e as
prácticas e 15 nos exames). Os alumnos na avaliación non continua deberán
obter, polo menos, 50 puntos para aprobar, tendo en conta que a parte teórica
outorgará como máximo 50 puntos e a parte práctica outorgará como máximo 30
puntos. Isto último tamén se aplicará a todos os alumnos que se presenten na
oportunidade oficial de Xullo.
Salvo razóns de forza maior, non se gardarán
as cualificacións de ningunha das prácticas, dos traballos ou de calquera outra
actividade docente de cursos pasados. En ningún caso gardaranse as
cualificacións obtidas en calquera das actividades docentes dunha oportunidade
en calquera das demais. Quen aprobe a materia nunha oportunidade aprobaría toda
a materia, do mesmo xeito que quen suspenda a materia suspendería toda a
materia.
O profesor resérvase o dereito
a introducir modificacións ao longo do curso, sempre que non entren en
contradición con algunha das indicacións que aquí se conteñen.