Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Socioloxía do traballo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A3 A5 A6 A8 A14 A17 A18 A32 B3 B4 C1 C4 C6 C7 C8 Exame que se realizará ao final do curso sobre o conxunto da materia. 60
Traballos tutelados A1 A5 A6 A14 A18 A32 A35 A36 B3 B4 B11 B12 B13 C4 C7 Realización de 4 prácticas ao longo do curso 30
Presentación oral A14 A18 A32 A35 B3 B4 B12 C4 Presentación oral de traballos 10
 
Observacións avaliación
A materia consta dunha parte teórica e outra práctica.

- A parte teórica desenvolvida pola profesora en clase e/ou indicada no material bibliográfico que se facilita avaliarase a través dun exame que será puntuado sobre 10. Para aprobar esta parte é necesario obter, polo menos, unha puntuación de 5.

- A parte práctica constará de diversas actividades (traballos en grupo e individuais, exposicións orais na aula e outros traballos de carácter práctico). Para aprobar esta parte é necesario realizar todos e cada un dos traballos cumprindo coas condicións e datas de entrega indicadas pola profesora e obter unha nota media igual ou superior a 5 puntos. A cualificación obtida nesta parte (se é superior a 5), manterase para as dúas convocatorias de avaliación da materia.  Se a cualificación obtida é inferior a 5,  é posible presentarse unicamente ao exame -con contidos teóricos e prácticos- (neste caso, a cualificación máxima que se podería obter é dun 6)

A distribución da nota final da materia para o alumnado sometido ao sistema de avaliación continua farase da seguinte maneira: 60% parte teórica   30% parte práctica   10% asistencia e participación en clase (ou asistencia e participación en tutorías para o alumnado con dispensa académica).

Para a obtención da cualificación final, será necesario ter aprobadas tanto a teoría como a práctica. Unha vez superadas ambas, obterase a nota media.

Dentro dos criterios de avaliación continua (para o alumnado presencial e/ou con dispensa académica)  considérase especialmente importante:

a) Os traballos e prácticas realizados e presentados durante o curso: Valorarase os exercicios prácticos tanto na súa presentación como no seu contido (a comprensión do tema, a organización expositiva e a aplicación da perspectiva sociolóxica ao redor dos fenómenos sociais e textos propostos para análises).

b) Exame final da materia: Valorarase a comprensión e coñecemento dos contidos da materia traballados durante o curso. Tamén se terán moi en conta a correcta expresión e o acertado uso da ortografía.

c) A asistencia e participación nas clases e nas actividades prácticas propostas durante o curso: Valorarase positivamente o interese que o/o alumno/a mostre na marcha da materia, nas súas dúas perspectivas (teórica e práctica); o interese apreciado repercutirá na cualificación final. 

- Para o alumnado sometido ao sistema de avaliación continua, será necesaria a asistencia a un mínimo do 80 por cento das sesións (teóricas e prácticas) de face a permitir un adecuado seguimento e a avaliación continua do alumnado. 

- No caso do alumnado con dispensa académica, deberá acudir ás tutorías individuais (e compatibles coa súa dedicación)  programadas persoalmente coa profesora desde principio de curso. 

Para o alumnado que asistisen a clase menos do 80% deberán acudir a unha tutoría coa profesora e terán que presentarse a un exame específico debido ás súas circunstancias especiais. Neste caso, o sistema de avaliación consistirá nun exame sobre a materia, sen que se engadan outros traballos ou actividades prácticas á avaliación final. Este sistema será o válido para a convocatoria de avaliación do primeiro cuadrimestre e para a segunda oportunidade de avaliación (xullo).Neste caso, a cualificación máxima que se podería obter é dun 6.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes