Teaching GuideTerm Faculty of Sociology |
Grao en Socioloxia |
Subjects |
Sociología de la educación |
Methodologies |
|
|
Identifying Data | 2016/17 | |||||||||||||
Subject | Sociología de la educación | Code | 615G01210 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 2nd four-month period |
Second | Obligatoria | 6 | ||||||||||
|
Methodologies | Description |
Introductory activities | Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcadar, vinculados ó programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado. Tamén se explicará dun xeito xeral as tarefas que terá que desenvolver ó alumnado para desenvolver a guía da materia así como o procedemento de avaliación. Por iso é de importancia máxima a participación presencial do alumnado nestas actividades. |
Supervised projects | Traballos "tutelados" pola profesora. Proceso de ensinanza orientado á aprendizaxe do alumnado mediante a realización de actividades de carácter práctico a través das que a profesora propón situacións ó alumnado, que requiren por parte deste identificar un problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado. A execución destas prácticas de investigación no eido da Socioloxía da Educación, levaranse a cabo mesmo a través de traballos de aprendizaxe colaborativa ou de aprendizaxe servicio. Poderán ser citados para revisarlo o contido dalgunha destas actividades, cando se considere oportuno para a súa mellora e calificación, segundo os criterios da profesora. |
Guest lecture / keynote speech | Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introducción dalgunhas preguntas dirixidas ó estudantado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar as aprendizaxes dos contidos da asignatura a través do estudio da bibliografía e a confección de apuntes propios polo alumnado. |
Workshop | Técnica de dinámica de grupos que ten como obxectivo axudar a desenvolver a perspectiva social e a empatía mediante a representación de diferentes papeis dentro de situacións onde interveñen as diferenzas e que teñen que ser combinadas. Utilízase para traballar as relacións interpersonais, o comportamento, os valores e as actitudes. Nos obradoiros traballaranse calqueira tipo de aspectos relacionados có desenvolvemento das distintas aplicacións teóricas da materia que o precisen. |
Collaborative learning | Participación, organización e colaboración de principio a fin dunha labor dirixida e "tutelada" pola profesora que deberá ser presentada a través do material debidamente ordenado e elaborado por un grupo ou equipo de traballo conformado por estudantes da materia que previamente optasen por esta fórmula de avaliación, para logo ser avaliados a través da proba oral. As aprendizaxes colaborativas axudan a darlle significación á educación e serven para experienciar académicamente o significado sociológico do proceso de cambio socioformativo que se está a desenvolver na actualidade. |
Field trip | Obtención de datos a través da aplicación dalgunha ferramenta de investigación, preferentemente cualitativa se que complementará con exploracións simuladas de matices cuantitativos. |
Critical bibliographical | O alumnado deberá presentar por escrito unha recensión e análisis de lecturas seleccionadas de entre os textos indicados pola profesora da asignatura. Poderán ser citados para revisarlo contido de estas recensións, si o considera oportuno para a súa mellora e calificación, segundo os criterios da profesora. A súa avaliación será comprensiva evitando a fragmentación e favorecerá o traballo feito en grupo e a súa presentación conxunta así como a elaboración creativa. Logo a actividade do grupo de traballo continuará ó longo dos traballos "tutelados" pola profesora para poder ser avaliados mediante unha avaliación continua. A presentación das recensións é unha actividade obligatoria para todo o alumnado. Aqueles outros alumnos que prefiran presentarse ó examen tamén deberán presentar esta recensión conxunta na data fixada pola profesora e logo poderanse presentar á proba mixta de examen. |
Oral presentation | Técnica metodolóxica que supón a utilización de exposición oral apoiándose en documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades específicamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregra como introducción xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. |
|