A avaliación consistirá na realización dun traballo teórico e empírico sobre un tema relacionado cos contidos do programa. As clases interactivas da materia utilizaranse para explicar e elaborar cada unha dos seus partes coa tutorización personalizada da docente.
O traballo debe ser individual, entregarase en papel e se exporá na aula.
A asistencia é obrigatoria e non se poden faltar a máis de tres clases sen xustificación.
Observación para o alumnado con recoñecemento de dedicación a
tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Na primeira e segunda oportunidade os criterios de
avaliación rexiranse dacordo a realización dunha proba mixta cun peso do 100%
sobre a cualificación: consistirá nunha proba na que se incluirán cuestións
teóricas e prácticas e na que o/a alumno/a terá que demostrar ter alcanzado as
competencias e os resultados de aprendizaxe da materia.