Workbook |
A2 A1 A3 A8 B3 B5 B13 C4 |
A comprensión das lecturas, a capacidade de síntese, a análise crítica, a súa aplicación a casos concretos, etc., será o que se valore. Todo esto poñeráse de manifesto ao longo do seminario e nas exposicións orais (tanto da propia lectura particular como da solución do problema). |
25 |
Oral presentation |
B3 B5 B6 B13 |
Valoraráse a calidade da exposición (xa sexa da lectura, xa a da solución ao problema), o fío argumental, o apoio dos datos, o emprego axeitado de materiais audiovisuais, etc. |
15 |
A materia está deseñada para que calquera estudante cunha asistencia e participación normal nas aulas e cun mínimo de traballo continuado poda superala na primeira oportunidade sen problemas. Se for o caso dalgún/ha estudante que non superara a materia en primeira oportunidade,
só terá que presentarse á segunda cos elementos suspensos. Esta asignatura está plantexada para ser cursada presencial e participativamente. Porén, se hai quen por razóns xustas non puidera asistir ao 70% das aulas, debe plantexalo ao comezo do curso para establecer mecanismos de avaliación alternativos. Pero se non fose así, é dicir, se aparece algún/ha marciano/a a final de curso ou mesmo a mediados plantexando que non puido asistir á meirande parte das clases, entenderáse que non cumpre os elementos de traballo necesarios para seren avaliados/as e necesariamente suspenderá a primeira oportunidade, tendo que presentarse á segunda oportunidade de xullo estudando todos os textos que compoñen a materia. Para o alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa adicación. ?En caso de non acrordarense uns elementos de avaliación particulares para os/as estudantes a tempo parcial, na primeira e segunda oportunidade os criterios de avaliación rexiranse dacordo a modalidade de avaliación non continua.
|