Teaching GuideTerm
Faculty of Communication Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Comunicación Audiovisual
 Subjects
  Uso profesional do galego
   Methodologies
Methodologies Description
Supervised projects O/a estudante deberá entregar un traballo colectivo (máximo, 3 estudantes por grupo), fixado pola profesora no inicio do curso. Con este traballo preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma e a colaboración entre os alumnos.
Guest lecture / keynote speech As sesións maxistrais consistirán en exposicións orais de carácter teórico-práctico á volta dos contidos básicos da materia. Nestas aulas utilizaranse diversos textos seleccionados especificamente para a análise e a comprensión dos contidos; resolveranse as dúbidas a respecto dos temas propostos e facilitarase bibliografía específica. Nestas sesións guiarase o alumnado no proceso de aprendizaxe e mostraranse recursos que faciliten o desenvolvemento do traballo autónomo.
Problem solving Nas sesións de grupo mediano traballarase con frecuencia esta técnica, que permite asentar os coñecementos adquiridos nas aulas maxistrais mediante a resolución de situacións problemáticas concretas.
Collaborative learning Baixo a coordinación da profesora, os/as estudantes realizarán diversas actividades en conxunto nas aulas, co obxectivo de partillaren información, coñecementos e destrezas que redunden en beneficio de todos os membros do grupo.
Workshop Os obradoiros son aulas centradas no desenvolvemento de prácticas de produción escrita (resolución de exercicios, corrección e elaboración de textos).
Oral presentation Os/as alumnos/as deberán presentar oralmente o traballo colectivo. Nesta proba oral poderán empregarse textos, deseños ou materiais audiovisuais como apoio.
Workbook Considérase “lectura” calquera tipo de material (textos de manuais, xornais, revistas, foros de internet etc.) que o/a estudante terá que coñecer para a realización de certas actividades de maneira presencial ou non presencial.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes