Actividades iniciais |
Actividades que levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de contextualizar/presentar a materia.
Con esta actividade, ademais, preténdese coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados ao programa formativo.
Tamén se pretende transmitir información relevante que permita ao alumno coñecer a organización da materia/clases, material deportivo, instalacións, etc. |
Sesión maxistral |
Nas actividades que utilizan a metodoloxía de sesión maxistral, traballaranse os contidos que conforman o marco teórico da materia mediante a exposición oral, acompañada co uso de presentacións, de medios audiovisuais, e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.
Realizarase unha exposición xeral introductoria de cada un dos temas de que consta o programa para, posteriormente, profundar nos aspectos máis relevantes dos mesmos e indicar, á vez, que aspectos debe ampliar o alumno co seu traballo persoal e a través dos traballos tutelados, sempre coas oportunas indicacións do profesor e as respectivas orientacións bibliográficas. |
Práctica de actividade física |
Coas actividades de prácticas de actividade física preténdese que os alumnos aprendan a través de realización de actividades de carácter práctico tales como demostracións, exercicios, propostas, coreografías, prácticas deportivas, etc.
En concreto, nesta materia, con elas preténdese que o alumno practique/aprenda a execución básica dos distintos fundamentos técnico-tácticos que conforman as actividades e deportes patíns. |
Traballos tutelados |
Ao redor dos diferentes temas, tanto teóricos como prácticos, propoñerase a realización de traballos en grupo, de extensión relativamente breve, que se iniciarán na aula e, logo, deberán ser completados mediante o traballo autónomo do alumno, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada do profesor aos diferentes alumnos/grupos. Para a elaboración destes traballos tomaranse como referencia tanto os materiais teórico-prácticos básicos da materia, así como outros complementarios. Finalmente, a través da exposición (aula ou instalación deportiva), cada grupo compartirá os traballos cos demais grupos. |
Saídas de campo |
Con este tipo de actividades, desenvolveranse prácticas nun contexto/espazo diferente ao que habitualmente se desenvolve a materia. Será actividades centradas en espazos, instalacións, etc., externas ao ámbito académico, e que propician e fomentan o desenvolvemento de capacidades relacionadas coas habilidaes de deslizamiento. |